Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 06 de abril de 1998 Páx. 3.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados pola construcción do proxecto de instalacións denominadas Gasificación do Noroeste: rede de Ourense-Addenda II.

Con data do 4 de febreiro de 1998, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia autorizou o proxecto de instalacións de Gasificación do Noroeste: rede de Ourense-Addenda II. A dita aprobación, de acordo co disposto no artigo 13 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, leva implícita a declaración de necesidade de ocupación dos terreos afectados. Ó mesmo tempo, a declaración de utilidade pública e urxencia na ocupación vén determinada polo disposto no artigo 10 da precitada lei.

Polo tanto, en aplicación do disposto no artigo 52 de Lei de expropiación forzosa (LEF), do 16 de decembro de 1954, resolvo: convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados na casa do concello onde están os predios para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo 52 da LEF, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Data, lugar e hora de convocatoria: día 20 de abril de 1998, na Casa do Concello de Ourense, a partir das 9.30 horas.

A orde de levantamento de actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos e intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoal

mente ou representados por persoa debidamente autorizada, e presenta-los documentos acreditativos da súa titularidade mailo último recibo da contribución, podendo ir acompañados, pola súa conta, dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno.

Ourense, 25 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2410