Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 06 de abril de 1998 Páx. 3.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 25 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se convocan, para o levantamento de actas previas á ocupación, os titulares dos predios afectados pola construcción das instalacións da rede de distribución de gas natural O Porriño-Vigo-addenda II.

Na data do 4 de febreiro de 1998, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia autorizou as instalacións da rede de distribución de gas natural O Porriño-Vigo-addenda II. A dita aprobación, de acordo co disposto no artigo 13 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, leva implícita a declaración de necesidade de ocupación dos terreos afectados. Ó mesmo tempo, a declaración de utilidade pública e urxencia na ocupación vén determinada polo disposto no artigo 10 da precitada lei.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expro

piación forzosa, do 16 de decembro de 1954, acordou convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados para que comparezcan na Casa do Concello onde están os predios, como punto de reunión para, con independencia de desprazarse posteriormente ó terreo e de conformidade co procedemento que establece o precitado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procedera, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, e presenta-los documentos acreditativos da súa titularidade mailo último recibo da contribución, podéndose acompañar, pola súa conta, dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno.

Para o levantamento de actas os afectados deberán presentarse o próximo día 21 de abril de 1998 no Concello de Vigo, a partir das 9.30 horas.

A orde de levantamento de actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación, figurando a relación de titulares convocados no taboleiro de edictos do concello sinalado.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, de notificación do presente acordo ós titulares descoñecidos e máis aqueles con domicilio descoñecido dos predios que se describen no anexo.

No expediente expropiatorio Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria, coas obrigas e dereitos establecidos nos artigo 2.2º da Lei de expropiación forzosa e 5 do seu regulamento.

Pontevedra, 25 de marzo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación que se cita con expropiación de número de predio, titular,

datos catastrais (polígono e parcela) e natureza

Predio nº

T.M.: Vigo

Titular

AfecciónCatastro

Natureza

Citación

e domicilioLng.M.L.O.Tem.mPolig.ParcelaMesDíaHora

PO-VO-98/6 VDescoñecido050199S/NMonte altoAbril219.30
PO-VO-92/11 VDescoñecido090992Monte altoAbril219.30
PO-VO-172/2 VDescoñecido2131514275Terra laborAbril219.30
PO-VO-230/1 VDescoñecido14160132281Terra laborAbril219.30
PO-VO-232/1 VDescoñecido791132277Terra laborAbril219.30
PO-VO-233/1 VDescoñecido898132277Terra laborAbril219.30
PO-VO-234/1 VDescoñecido9112132276Terra laborAbril219.30
PO-VO-236/1 VDescoñecido325132274Terra laborAbril219.30

2984