Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 06 de abril de 1998 Páx. 3.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1998, do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de Quintela (Castro de Rei-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Quintela (Castro de Rei-Lugo), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 306/1996, do 12 de xullo (Diario Oficial de Galicia nº 148, do 30 de xullo de 1996), que a xunta local da zona, na súa reunión do 21-10-1997, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Castro de Rei e na zona, durante o prazo de trinta días, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que os interesados poden examinar nos lugares de exposición refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e relación das excluídas), á clasificación de terras e fixación dos coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas, das que se declara formalmente a titularidade.

Contra as bases os interesados poden interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, dentro do prazo dos trinta días sinalados, e presentalo no Servicio de Desenvolvemento Rural (Ronda da Muralla 70-2ª), nas oficinas centrais da consellería (Edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do termo municipal, para face-las notificacións que procedan.

Lugo, 6 de marzo de 1998.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo

3000