Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1998 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de acondicionamento e pavimentación da rúa Simón Bolívar.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra.

A) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

B) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

A) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia.

B) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

A) Tramitación: ordinaria.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: poxa.

4. Orzamento da licitación.

6.900.000 ptas, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantias.

A) Provisional: 138.000 ptas.

B) Definitiva: 276.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra, praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono (986) 80 43 00. Telefax 86 01 02.

B) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia

7. Presentación das ofertas.

A) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia

B) Documentación que se presentará: cláusula 12ª do prego.

C) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

D) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días

8. Apertura das ofertas.

Será realizada pola mesa de contratación o primeiro mércores seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 8.30 horas na sala de xuntas.

9. Gastos.

Serán pola conta do adxudicatario os seguintes gastos:

A) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios.

B) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obras, incluído o IVE.

C) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentadora da taxa.

D) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 4 de marzo do 1998.

Juan Luis Pedroso Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

2399