Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-291).

Por resolución desta alcaldía número 785/1998 con data do 11 de febreiro do 1998, acordouse aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da U.A. número 14, no Porto de Santa Cruz, entre a rúa de Chesco e a rúa da praia, en Liáns (Oleiros).

Contra ese acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel no que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3º da lei require a comunicación previa ó organo que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso

extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados para formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 4 de marzo de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

2398