Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1998 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación mediante concurso da concesión da explotación dun quiosco situado na superficie do parque do eucaliptal de Campolongo.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra.

A) Órgano de contratación: Pleno da Corporación.

B) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

A) Descrición do obxecto: concesión da explotación dun quiosco situado na superficie do parque do eucaliptal de Campolongo.

B) Duración da concesión: a concesión outórgase por un prazo máximo de trinta e cinco (35) anos

improrrogables, computados desde a formalización do contrato en documento administrativo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

A) Tramitación: ordinaria.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: concurso.

4. Canon mínimo anual.

116.571 ptas que se ingresarán nas arcas municipais, en cotas trimestrais, dentro dos dez primeiros días do comezo do trimestre.

5. Garantias.

A) Provisional: 10.000 ptas.

B) Definitiva: na contía dunha anualidade do canon de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra, praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono (986) 80 43 00. Telefax 86 01 02.

B) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia

7. Presentación das ofertas.

A) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia

B) Documentación que se presentará: cláusula 13ª do prego.

C) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

8. Apertura das ofertas.

Será realizada pola mesa de contratación o día seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 8.30 horas na sala de xuntas.

9. Criterios de selección.

Os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

A) Existencia de minusvalideces na persoa que concorra á licitación: valorarase ata un máximo do 25%.

B) Maior canon anual ofertado polo licitador para lle aboar ó concello pola utilización dos bens de dominio público, respecto ó establecido no presente prego como canon mínimo: valorarase ata un máximo do 15%.

C) Reducción do prazo da concesión: valorarase ata un máximo do 15%.

D) Situación laboral do licitador (desemprego): valorarase ata un máximo do 15%.

E) Menor volume de ingresos percibidos polo licitador de forma individual e como unidade familiar se é o caso: valorarase ata un máximo do 15%.

F) Cargas familiares do licitador: valorarase ata un máximo do 15%.

10. Gastos.

Serán pola conta do adxudicatario os seguintes gastos:

1º. Os dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios.

2º. Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE.

3º. Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentadora da taxa.

4º. Os gastos que se xeren da explotación do quiosco e o imposto de actividades económicas.

5º. Tódolos gastos que xere a adaptación interior do quiosco para realiza-la actividade prevista.

Pontevedra, 5 de marzo do 1998.

Juan Luís Pedroso Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

2970o