Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.445

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 106/1998, do 12 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar.

O Regulamento de máquinas recreativas e de azar, aprobado polo Decreto 374/1986, do 30 de outubro, dictado no desenvolvemento da Lei 4/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, foi seguido de diversas disposicións modificativas e complementarias deste, demandadas polo propio dinamismo que caracteriza o subsector do xogo mediante máquinas, orixinándose unha dispersión de normas que dificultaban a súa aplicación e provocaba inseguridade xurídica no sector.

Á refundición nun só texto desa normativa dispersa, coa finalidade de proporciona-la debida seguridade xurídica, responde fundamentalmente este regulamento, aínda que razóns de técnica lexistativa

aconsellan reservar para unha norma específica o réxime relativo ás características técnicas das máquinas e á homologación e inscrición dos modelos.

Ó mesmo tempo o presente regulamento é, nalgúns aspectos, profundamente innovador e introduce modificacións que aquel apuntado dinamismo do sector, as insuficientes normativas reveladas pola experiencia, as decisións xurisprudenciais recaídas sobre a materia e a propia incidencia social que o xogo mediante máquinas ten, facía aconsellable.

En tal sentido prohíbese ou restrínxese a instalación en determinados lugares ou locais das máquinas reguladas no texto regulamentario, dótase de maior estabilidade ó exercicio da actividade empresarial facendo obxecto de especial regulación as relacións entre empresas operadoras e titulares de establecementos, axilízanse os procedementos de concesión das correspondentes autorizacións permitindo unha maior mobilidade das máquinas sen mingua do correspondente control administrativo da actividade ou, en fin, clarifícanse determinados aspectos da ordenación anterior que a práctica da súa aplicación demandaba.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, oída a Comisión de Xogo de Galicia, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de febreiro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.

Apróbase o Regulamento de máquinas recreativas e de azar, que a continuación se insire como anexo a este decreto.

Disposicións adicionais

Primeira.-No que non sexa contrario ó disposto na Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, e no presente regulamento, en materia de identificación e características técnicas das máquinas e homologación e inscrición dos modelos aplicarase o previsto na lexislación do Estado.

As modificacións que puideran operarse na lexislación do Estado en canto ás características técnicas das máquinas, para os efectos de homologación e inscrición dos modelos, non implicarán a ineficacia xurídica dos actos administrativos de homologación e inscrición de modelos de máquinas anteriores á data de entrada en vigor da nova normativa, pero tales modelos xa inscritos deberán adaptarse ás previsións da nova normativa ou ser deixados fóra de explotación no período de dous anos que comezará a contar desde aquela entrada en vigor.

Segunda.-Mentres non se aprobe o plan territorial de xogo en Galicia, o outorgamento de autorizacións de explotación para máquinas recreativas tipo «B»

limitarase ó parque de máquinas existente na actualidade, sen que se outorguen novas autorizacións, sen prexuízo da modificación das existentes polo procedemento do cambio previsto no artigo 57 deste regulamento ou de cambio de titularidade da máquina previsto no artigo 60 deste.

Disposicións transitorias

Primeira.-As solicitudes que se encontren en trámite á entrada en vigor deste decreto deberán axustarse ós requisitos previstos nel.

Segunda.-As empresas fabricantes, importadoras ou distribuidoras de máquinas recreativas e de azar ou de elementos directamente relacionados con elas, deberán solicita-la oportuna autorización e inscrición na sección correspondente do Rexistro de Xogo de Máquinas de Galicia no prazo de seis meses a partir da data de entrada en vigor do presente decreto.

Terceira.-As empresas operadoras e as titulares de autorizacións de instalación de salóns deberán adapta-las fianzas ás contías previstas neste regulamento aprobado polo presente decreto no prazo de seis meses a partir da súa entrada en vigor. De non realizalo no expresado prazo, incoarase expediente de revogación da autorización e cancelación da inscrición.

Cuarta.-Os boletíns de instalación vixentes á entrada en vigor do presente decreto terán a consideración, á vez, de comunicación de instalación, mentres non varíen os datos neles contidos.

Os boletíns antes indicados manterán a súa vixencia de acordo coa normativa que se derroga, séndolle, en todo caso, de aplicación o réxime de comunicación de non prórroga, denuncia previa e extinción previsto neste decreto.

Quinta.-Os titulares das máquinas ou aparellos que, non tendo a consideración de máquinas tipo «A» ou «B» baixo a normativa anterior, alcancen a devandita cualificación por virtude do establecido no regulamento aprobado por este decreto e se encontren instaladas no momento da súa entrada en vigor, deberán obte-las autorizacións administrativas previstas nel, adaptando as máquinas ó previsto no dito regulamento ou deixándoas fora de explotación nun prazo dun ano a partir da vixencia deste decreto.

Sexta.-Os titulares de bares, cafeterías, establecementos de hostelería e análogos nos que á entrada en vigor deste regulamento se encontren instaladas máquinas ou aparellos dos indicados no artigo 3, apartado 2 deste, así como os titulares de tales máquinas, deberán proceder á súa retirada, no que exceda do número permitido polo presente regulamento, no prazo dun ano a partir da súa vixencia.

Sétima.-Os salóns autorizados ó abeiro da normativa que se derroga axustaranse ás condicións técnicas e de seguridade sinaladas no artigo 31 do regulamento aprobado polo presente decreto, no prazo

máximo dun ano desde a súa entrada en vigor. De non realizalo no expresado prazo, poderase incoar expediente de revogación da autorización e cancelación da inscrición correspondente.

Disposición derrogatoria

Única.

1. Á entrada en vigor do presente decreto quedan derrogadas as seguintes disposicións:

a) Decreto 374/1986, do 30 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar.

b) Decreto 91/1987, do 14 de abril, polo que se introducen modificacións no Regulamento de máquinas recreativas e de azar.

c) Decreto 32/1989, do 3 de febreiro, polo que se modifican os artigos 21, 23 e 26 do Decreto 374/1986, do 30 de outubro.

d) Decreto 247/1990, do 18 de abril, polo que se introducen modificacións no Regulamento de máquinas recreativas e de azar.

e) Decreto 221/1991, do 20 de xuño, polo que se establecen determinadas características para as máquinas recreativas e de azar.

f) Decreto 131/1992, do 10 de xuño, polo que se modifica o 221/1991, do 20 de xuño.

g) Decreto 167/1993, do 8 de xullo, polo que se modifica o Regulamento de máquinas recreativas e de azar.

h) Orde do 8 de febreiro de 1988, sobre colocación de datos e documentos que deben figurar incorporados ás máquinas recreativas e de azar.

i) Orde do 21 de xuño de 1988, sobre interpretación da disposición transitoria terceira do Decreto 374/1986, do 30 de outubro.

2. Así mesmo, quedan derrogadas todas aquelas normas, de igual ou inferior rango, que se opoñan ó previsto no presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-No prazo dun mes desde a súa entrada en vigor aprobaranse, mediante orde da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no regulamento aprobado polo presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor ós vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, doce de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

REGULAMENTO DE MÁQUINAS RECREATIVAS E DE AZAR

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

É obxecto do presente regulamento o desenvolvemento da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, relativa ó xogo desenvolvido mediante máquinas recreativas e de azar, e as actividades que relacionadas con aquel sexan realizadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º.-Definición.

Son máquinas recreativas e de azar aqueles aparellos de funcionamento manual ou automático que, a cambio dun prezo, permítenlle ó usuario un tempo de recreo, pasatempo e, se é o caso, a posibilidade de obter premios.

Artigo 3º.-Exclusións.

1. O presente regulamento non será de aplicación:

a) Ás máquinas puramente expendedoras ou de venda de productos e mercadorías, nas que o importe depositado para a obtención do producto ofertado se corresponda co seu valor de mercado, sen a intervención de ningún compoñente de xogo, aposta ou azar.

b) Ás máquinas tocadiscos ou videodiscos.

c) As máquinas ou aparellos de pura competencia ou deporte entre dous ou máis xogadores, de funcionamento manual ou mecánico, tales como futbolíns, mesas de billar ou de tenis de mesa, dardos, xogos de baloncesto e similares.

d) As máquinas ou aparellos de uso infantil que imiten movementos de animais, vehículos ou similares.

2. Malia o disposto no número anterior, as máquinas a que se refiren as letras b), c) e d) deste, cando o seu uso requira o pagamento dun prezo , só poderán ser explotadas por empresas operadoras, debendo figurar necesariamente na máquina, de maneira visible, a denominación, domicilio social e número de rexistro da empresa operadora.

Así mesmo, as máquinas referidas na letra c) do número anterior, nas que o seu uso requira o pagamento dun prezo, non poden instalarse nos bares, cafeterías, establecementos de hostelería e análogos en número superior a dúas, excepto cando se trate de máquinas que correspondan a deportes federados.

Artigo 4º.-Autorización previa.

1. Están suxeitas a autorización administrativa previa as actividades, empresas e establecementos relacionados coa fabricación, comercialización ou distribución, instalación, explotación e uso público de máquinas recreativas ou de azar no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No momento de formular solicitudes de autorizacións, inscricións e permisos, así como das súas modificacións, dilixenciado e expedición de documentos e demais prestacións de servicios administrativos previstos neste regulamento, deberá xustificarse o pagamento da taxa administrativa legalmente determinada.

Capítulo II

Clasificación e definición das máquinas

Artigo 5º.-Clasificación.

Para efectos do seu réxime xurídico as máquinas a que este regulamento se refire clasifícanse nos seguintes tipos:

* Tipo «A» ou recreativas.

* Tipo «B» ou recreativas con premio.

* Tipo «C» ou de azar.

Artigo 6º.-Máquinas tipo «A».

1. Son máquinas tipo «A» ou recreativas aquelas de pasatempo ou recreo que, a cambio dun prezo, lle conceden ó xogador un tempo de uso ou utilización sen ningún tipo de premio ou compensación en metálico, en especie ou en forma de puntos que se poidan cambiar por obxectos ou diñeiro, podendo ofrecer como único aliciente adicional a posibilidade de prolongación da propia partida ou doutras adicionais co mesmo importe inicial.

2. Inclúense dentro deste tipo aquelas máquinas nas que, modificando só os mandos e o vidro de pantalla, poidan introducirse xogos que cumpran os requisitos do apartado anterior e as denominadas de realidade virtual e análogas, sempre que o usuario interveña no desenvolvemento dos xogos.

3. Consideraranse tamén, para tódolos efectos, como máquinas tipo «A», as incluídas no artigo 3, número 1, letra c) deste regulamento cando, sendo accionadas por moedas ou requirindo o seu uso o pagamento dun prezo, incorporen compoñentes electrónicos que teñan influencia decisiva no xogo e non se consideren de apoio ou como complemento non esencial do xogo.

Artigo 7º.-Máquinas tipo «B».

1. Son máquinas tipo «B» ou recreativas con premio aquelas que, a cambio dun prezo, lle conceden ó usuario un tempo de xogo e, eventualmente, un premio en metálico cun valor maior que non pode exceder de 20 veces o importe máximo da partida ou aposta.

2. Tamén se considerarán como máquinas de tipo «B» as expendedoras que, por incorporaren algún elemento de xogo, envite ou azar e non estaren comprendidas no suposto previsto no artigo 3.1º a) inclúa neste tipo a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Artigo 8º.-Máquinas tipo «C».

1. Son máquinas tipo «C» ou de azar aquelas que a cambio dun prezo lle conceden ó usuario un tempo

de xogo e, eventualmente, un premio en metálico, que dependerá só do azar e o seu maior valor non poderá exceder de 400 veces o importe máximo da partida ou aposta.

2. Inclúense dentro deste tipo as máquinas denominadas progresivas, cun premio máximo que non poderá exceder de 10.000 veces o importe máximo da partida ou aposta.

3. As máquinas de tipo «C» poderán interconectarse coa finalidade de poder outorgar un premio especial en metálico ou especie cun importe máximo que non poderá ser superior á suma dos premios máximos do total das máquinas interconectadas e esta circunstancia deberase indicar claramente na máquina de forma visible. En toda caso o xogador terá a opción de cambia-lo premio en especie polo seu contravalor, previamente anunciado, en diñeiro de curso legal.

A realización destas interconexións deberá ser autorizada previamente pola Dirección Xeral de Interior, debendo a solicitude indica-lo número de máquinas que se pretende interconectar, modelo e número da autorización de explotación destas, forma de realiza-la interconexión e contía dos premios.

Capítulo III

Fabricación, importación e distribución

Artigo 9º.-Rexistro.

1. As empresas que pretendan desenvolver no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia actividades de fabricación, importación ou distribución de máquinas recreativas ou de azar e de elementos directamente relacionados con elas deberán estar autorizadas e inscritas na Sección de Empresas Fabricantes, Importadoras e Distribuidoras do Rexistro do Xogo de Máquinas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2. Non estarán obrigados a inscribirse no devandito rexistro os casinos de xogo que actúen como importadores das máquinas que instalen nos seus propios locais.

3. A autorización e inscrición como empresa fabricante, importadora ou distribuidora, que habilita para a realización das actividades propias destas, ampara tamén a actividade de prestación dos servicios técnicos de mantemento das máquinas fabricadas, importadas ou distribuídas.

Artigo 10º.-Requisitos das empresas.

As empresas fabricantes, importadoras e distribuidoras de máquinas recreativas e de azar ou de elementos directamente relacionados con elas terán que se constituír baixo a forma de sociedade mercantil e ter un capital social mínimo de cinco millóns de pesetas, subscrito e desembolsado na forma esixida pola lexislación mercantil e a súa contía non se poderá diminuír durante a existencia da sociedade.

Artigo 11º.-Solicitude de autorización e inscrición.

A solicitude de autorización e inscrición na Sección de Empresas Fabricantes, Importadoras e Distribuidoras do Rexistro do Xogo de Máquinas dirixirase ó director xeral de Interior da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais mediante impreso normalizado e con ela achegaranse:

a) Copia auténtica da escritura de constitución da sociedade e dos seus estatutos, inscrita no Rexistro Mercantil.

b) Documento acreditativo de ter formalizada fianza ante a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia pola contía a que se refire o artigo 14º deste regulamento.

c) Memoria explicativa dos medios humanos, técnicos e materiais dos que dispón para o desenvolvemento da actividade.

Artigo 12º.-Tramitación e inscrición.

Presentada a solicitude e logo das comprobacións que se consideren necesarias, o director xeral de Interior resolverá autorizando, se é o caso, a solicitante como empresa fabricante, importadora ou distribuidora e a súa inscrición, procedéndose a practicar esta.

Artigo 13º.-Vixencia da autorización e inscrición.

As autorizacións e inscricións no Rexistro do Xogo de Máquinas terán unha validez indefinida, pero poderán revogarse e cancelarse mediante resolución do director xeral de Interior, logo do expediente, pola comprobación de inexactitudes nos datos achegados para a autorización e inscrición ou desaparición de calquera dos requisitos esixidos para estas.

Artigo 14º.-Fianzas de empresas fabricantes, importadoras e distribuidoras.

1. Para obte-la autorización e inscrición como empresa fabricante, importadora ou distribuidora de máquinas recreativas e de azar ou de elementos directamente relacionados con elas, as empresas deberán de constituír previamente fianza, que en ningún caso será inferior ó 25% do capital social, polos seguintes importes:

* Fabricante, importadora e distribuidora de máquinas tipo «A»: 3.000.000 de pesetas.

* Fabricante, importadora e distribuidora de máquinas tipo «B» ou «C»: 5.000.000 de pesetas.

2. Se se producise a diminución do importe da fianza, deberá completarse esta na contía obrigatoria no prazo máximo dun mes desde que a empresa teña coñecemento diso.

De non se completa-la fianza no devandito prazo procederase, tralo expediente, á revogación da autorización e cancelación da inscrición.

3. É aplicable ás fianzas indicadas o réxime previsto para as empresas operadoras nos números 2 e 4 do artigo 20º deste regulamento.

Artigo 15º.-Comunicacións.

As empresas fabricantes, importadoras e distribuidoras inscritas deberanlle comunicar á Dirección Xeral de Interior calquera variación dos datos de inscrición, solicitando a correspondente rectificación desta.

Capítulo IV

Réxime de explotación e xestión

Artigo 16º.-Empresas operadoras.

1. Só poderán explota-las máquinas a que se refire o presente regulamento, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, as empresas operadoras autorizadas e inscritas na Sección de Empresas Operadoras do Rexistro do Xogo de Máquinas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

As empresas operadoras deberán de se constituír baixo a forma de sociedade mercantil, cun capital social mínimo de cinco millóns de pesetas, subscrito e desembolsado na forma esixida pola lexislación mercantil, contía que non se poderá diminuír durante a vixencia da sociedade.

2. A autorización e inscrición como empresa operadora, que habilita para a explotación das máquinas a que se refire o presente regulamento, ampara tamén a actividade de prestación dos servicios técnicos de mantemento destas.

3. Os casinos de xogo terán a consideración de empresas operadoras respecto das máquinas que exploten directamente nestes.

Artigo 17º.-Solicitude de autorización e inscrición.

A solicitude de autorización e inscrición no rexistro dirixirase á Dirección Xeral de Interior da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais mediante impreso normalizado, e con ela achegaranse:

a) Copia auténtica da escritura de constitución da sociedade inscrita no Rexistro Mercantil.

b) Documento acreditativo de ter formalizado fianza ante a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia pola contía a que se refire o artigo 20º deste regulamento.

c) Memoria explicativa dos medios humanos, técnicos e materiais dos que dispón a empresa para o desenvolvemento da actividade.

d) Declaración do número e clase de máquinas que pretende explotar.

e) Certificación de antecedentes penais, xunto coa declaración complementaria prevista na Lei 68/1980, do 1 de decembro, de conducta cidadá, respecto de tódolos socios, administradores e apoderados da sociedade.

f) Comunicación, para efectos de notificación, dun domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 18º.-Tramitación e inscrición.

Presentada a solicitude e logo das comprobacións que se consideren necesarias, a Dirección Xeral de Interior resolverá autorizando, se é o caso, a solicitante como empresa operadora e a súa inscrición, procedéndose a practicar esta.

Artigo 19º.-Vixencia da autorización e inscrición.

As autorizacións e inscricións na Sección de Empresas Operadoras terán unha validez indefinida, pero poderán revogarse e cancelarse mediante resolución do director xeral de Interior pola comprobación de inexactitudes nos datos achegados para a autorización e inscrición, ou desaparición de calquera dos requisitos esixidos para estas.

Artigo 20º.-Fianzas de empresas operadoras.

1. Para obte-la autorización e inscrición como empresa operadora de máquinas recreativas e de azar na Sección de Empresas Operadoras, as empresas deberán de constituír previamente fianza, en ningún caso inferior ó 25% do capital social e en función do número de máquinas que pretendan ter en explotación, polos seguintes importes:

Ata 25 máquinas: 3.000.000 de ptas.

De 26 ata 50 máquinas: 5.000.000 de ptas.

De 51 ata 100 máquinas: 10.000.000 de ptas.

De 101 ata 250 máquinas: 15.000.000 de ptas.

De 251 ata 500 máquinas: 20.000.000 de ptas.

De 501 ata 1.000 máquinas: 25.000.000 de ptas.

De 1.001 en diante: 40.000.000 de ptas.

2. A fianza poderá constituírse en metálico, mediante aval presentado por banco, caixa de aforros, cooperativa de crédito ou sociedades de garantía recíproca, ou póliza de caución individual, deberá formalizarse na correspondente delegación da Consellería de Economía e Facenda, á disposición da Dirección Xeral de Interior da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e aplicarase a garanti-las obrigacións derivadas da Lei 14/1985, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, e en especial quedarán afectas ó pagamento das sancións pecuniarias derivadas do incumprimento de tales obrigacións e dos premios, taxas fiscais e taxas administrativas que correspondan.

3. As fianzas deberán ser mantidas pola contía mínima do seu importe mentres subsistan as circunstancias que motivaron a súa constitución, aumentando ou diminuíndo en función das variacións no número de máquinas en explotación ou, no seu caso, das variacións da cifra de capital social.

Se se producise a diminución na contía da fianza por causa distinta da anterior, a empresa inscrita deberá reaxustar esta ata completa-la contía mínima no prazo máximo de 15 días desde que teña coñecemento dela.

De non se completa-la fianza no devandito prazo, non poderá solicita-la empresa operadora novas autorizacións de explotación e procederase, logo do expediente, á revogación da autorización e cancelación da inscrición e á revogación das autorizacións de instalación vixentes.

4. Poderá solicitarse e procederase á devolución da fianza, unha vez obtida autorización da Dirección Xeral de Interior, cando desaparezan as causas que motivaron a súa constitución. Non obstante, se existisen obrigacións pendentes ou expedientes en trámite que afecten á fianza, só procederá autoriza-la devolución parcial desta polo importe dispoñible.

Artigo 21º.-Comunicacións.

As empresas operadoras inscritas deberán comunicarlle á Dirección Xeral de Interior calquera modificación dos datos de inscrición, solicitando a correspondente rectificación desta.

Así mesmo, durante o mes de xaneiro de cada ano, as empresas operadoras deberán remitirlle á Dirección Xeral de Interior unha declaración, en modelo normalizado, das máquinas que a empresa tivese en explotación na data do 1 de xaneiro dese ano.

Capítulo V

Réxime de instalación e autorizacións

Sección primeira

Locais autorizados para a instalación

Artigo 22º.-Máquinas de tipo «A» e «B».

1. Poderán instalarse máquinas do tipo «A» e «B» nos seguintes locais:

a) Salóns recreativos e de xogo.

b) Salas de bingo.

c) Casinos de xogo.

d) Bares, cafeterías, establecementos de hostelería e análogos.

2. Nas salas de bingo poderán instalarse máquinas dos tipos «A» e «B», sempre que non impidan o normal desenvolvemento do xogo do bingo, e na proporción dunha máquina por cada 25 prazas de capacidade. En tal caso, as máquina recreativas estarán instaladas nun salón diferente daquel onde se realice o xogo do bingo, sen comunicación con este nin coa cafetería.

3. Nos bares, cafeterías, establecementos de hostelería e análogos, tan só se poderá instalar unha máquina recreativa do tipo «A» e outra máquina do tipo «B», que non desvirtuarán nin impedirán o normal desenvolvemento das actividades propias daqueles. Entenderase por establecemento a unidade física e estructural representada por un só local, calquera que sexa o número de actividades que se desenvolvan nel, ou no seu caso o número de habitáculos que compoñan a unidade negocial.

Artigo 23º.-Prohibicións.

1. Non se poderán instalar máquinas dos tipos «A» e «B» nos establecementos mencionados no apartado 1.- d) anterior situados en edificios de mercados nin naqueles que, situados en estacións de transportes públicos, aeroportos, centros e áreas comerciais, non se encontren completamente pechados e illados do público de paso.

Deberán entenderse como locais completamente pechados aqueles cuns sistemas de peche que, cando non se realiza actividade, determinan a existencia dunha superficie perfectamente illada do resto do edificio, e que esa superficie sexa a mesma en que se desenvolve a actividade.

2. En ningún caso poderán ser obxecto de instalación as máquinas recreativas e de azar nos establecementos non estables que se instalen en zonas de ocupación de vías públicas, praias ou zonas de recreo, así como as terrazas.

Artigo 24º.-Máquinas de tipo «C».

As máquinas de tipo «C», ou de azar unicamente se poderán instalar nos casinos de xogo e nos salóns destinados ó devandito fin nestes establecementos, os cales dispoñerán dun servicio de vixilancia que controlará a admisión das persoas que queiran acceder a eles, que non se supere a capacidade do local e que, cando sexa procedente, requirirá a presentación dun documento de identidade suficiente co fin de impedi-la entrada de menores de idade e invitará a abandona-la sala a aquelas persoas que o teñan prohibido, de acordo co procedemento e o que establece a lexislación vixente.

Artigo 25º.-Salóns e clasificación.

1. Son salóns de máquinas recreativas ou de xogo os locais expresamente autorizados para explotar neles de forma permanente máquinas dos tipos «A» e «B». O número mínimo de máquinas en explotación será de dez, da súa clase respectiva.

2. Polo tipo de máquinas instaladas nos mesmos salóns clasifícanse en:

a) Salóns tipo «A» ou recreativos, que son os autorizados para explotar máquinas do tipo «A». Nestes salóns permíteselle-la entrada ós menores de idade, así como a instalación dun servicio de bar sempre que neste no se despachen bebidas alcohólicas.

b) Salóns tipo «B» ou de xogo, que son os autorizados para explotar máquinas do tipo «B», aínda que neles se poden explotar tamén máquinas do tipo «A». Nestes salóns permítese a instalación dun servicio de bar, prohíbese a entrada ós menores de idade e ós que, sendo maiores, non se encontren en pleno uso da súa capacidade de obrar, e neles existirá un rexistro de admisión e un servicio de control de asistencia co fin de evita-lo acceso ó salón daquelas persoas.

Tódalas funcións do rexistro de admisión e servicio de control poderán realizarse mediante soportes

informáticos que garantirán a obtención e conservación de tódolos datos sobre asistencia de xogadores ó salón.

3. Cando nos salóns tipo «B» ou de xogo se exploten máquinas dos tipos «A» e «B», as máquinas do tipo «A» deberán instalarse en salas diferentes ás das máquinas do tipo «B», non rexendo neste suposto, respecto das máquinas tipo «A», a limitación do número prevista no segundo inciso do apartado 1 deste artigo.

Se a sala na que se encontran instaladas as máquinas de tipo «B» non ten comunicación directa con aquela na que se explotan máquinas do tipo «A», permitirase nesta última a entrada ós menores de idade e os rexistros de admisión e servicio de control de asistencia estarán no acceso á sala onde se encontren instaladas as máquinas do tipo «B».

4. Os salóns distinguiranse obrigatoriamente no seu exterior pola denominación de salón recreativo para os de tipo «A» e salón de xogo para os de tipo «B» e mixtos, podendo engadirse unicamente o seu nome propio.

5. O horario de apertura e peche dos salóns será o fixado por orde da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Sección segunda

Habilitación de titular de local

Artigo 26º.-Definición.

A instalación de máquinas nos establecementos referidos no artigo 22º.1 d) deste regulamento esixe que os seus titulares obteñan previamente a habilitación de titular de local, que é aquela que faculta o titular dun determinado establecemento para a instalación nel de máquinas recreativas, como actividade complementaria da principal do establecemento.

Artigo 27º.-Solicitude.

1. A solicitude de habilitación do titular do local presentarase ante a delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais correspondente ó lugar onde estea o establecemento, formalizarase en impreso normalizado e deberá ser subscrito pola persoa ou empresa titular do establecemento.

2. Co escrito de solicitude xuntarase:

a) Fotocopia cotexada do documento nacional de identidade do titular ou, de ser persoa xurídica, copia auténtica da escritura de constitución debidamente inscrita e código de identificación fiscal.

b) Documento auténtico que acredite a dispoñibilidade do local.

c) Copia da licencia municipal de apertura ou do impreso de solicitude desta co selo do rexistro de entrada no concello.

d) Copia do documento de alta do solicitante na matrícula do imposto de actividades económicas.

Artigo 28º.-Outorgamento.

1. A habilitación do titular do local será outorgada pola delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais ante a que se presentara a solicitude, documentándose por duplicado exemplar en modelo normalizado.

2. O primeiro exemplar, logo de toma de razón na base informática, arquivarase na delegación provincial.

O segundo exemplar entregarase ó titular solicitante, debendo telo no establecemento á disposición dos funcionarios do corpo de Inspección de Xogos e Apostas ou axente da autoridade competente.

Artigo 29º.-Vixencia.

A habilitación de titular de local será válida en tanto non quede extinguida por calquera das causas sinaladas no artigo seguinte.

Artigo 30º.-Extinción.

1. A habilitación de titular de local extinguirase:

a) Por resolución do delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais por solicitude do titular da habilitación.

b) Por sanción.

c) Por cambio na titularidade do establecemento, cos efectos previstos nos artigos 58º e 59º deste regulamento.

d) Por resolución do delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo do expediente, pola comprobación de inexactitudes nos datos expresados na solicitude ou nos documentos achegados con esta.

2. Estando vixente un boletín de instalación para o establecemento, non procederá declara-la extinción da habilitación de titular de local prevista no apartado 1 a) deste artigo de non prestarse conformidade expresa a iso pola empresa operadora.

Sección terceira

Instalación e explotación de salóns

Artigo 31º.-Condicións dos salóns.

1. Os salóns e as súas instalacións deberán reuni-las condicións técnicas e de seguridade previstas nas regulamentacións específicas.

2. A superficie mínima dos salóns que terá que dedicarse exclusivamente a instalación de máquinas será de 50 metros cadrados nos salóns tipo «A» e de 150 metros cadrados nos salóns tipo «B». Os corredores de circulación do público e os de servicio terán unha largura mínima de 1,20 metros.

3. Os salóns non poderán admitir un número de persoas que exceda da capacidade autorizada, que se determinará pola proporción dunha persoa por cada 9 metros cúbicos de volume do local, debendo

indicarse á entrada do salón a capacidade autorizada.

4. O número de máquinas instaladas no salón será, como máximo, dunha máquina por cada 3 metros cadrados útiles, e nunca será superior a tres cuartas partes da capacidade autorizada, debendo colocarse de modo que non estorben a circulación dos xogadores polo local, cun espacio mínimo por xogador dunha superficie dun metro cadrado e unha separación mínima entre as máquinas de 0,40 metros. As máquinas múltiples contabilizaranse polo número de xogadores que poidan operar simultaneamente. O número de máquinas e o seu tipo indicaranse á entrada do salón.

Artigo 32º.-Autorizacións.

1. A instalación de salóns require a previa obtención da autorización de instalación e do permiso de apertura e a inscrición do salón na sección de salóns do Rexistro de Xogo de Máquinas.

2. Poderán obte-la autorización de instalación de salón as empresas operadoras e as empresas constituídas baixo a forma de sociedade mercantil, debendo ámbalas dúas ter por cada salón autorizado un capital social mínimo de cinco millóns de pesetas, subscrito e desembolsado na forma esixida pola lexislación mercantil.

Artigo 33º.-Solicitude de autorización de instalación.

A solicitude de autorización de instalación de salón deberá presentarse ante a Dirección Xeral de Interior, formalizándoa en impreso normalizado, co que se achegarán:

a) Copia auténtica da escritura de constitución da sociedade e as súas modificacións inscrita no Rexistro Mercantil.

b) Documento acreditativo da dispoñibilidade do local.

c) Proxecto básico das obras e instalacións do local, subscrito por técnico competente e visado polo respectivo colexio, e cun contido mínimo que será:

-Plano de situación do edificio onde se pretende instala-lo salón, a escala 1/1000.

-Plano de planta do local, na súa configuración actual, a escala 1/100 e plano de distribución previsto.

-Memoria descritiva do local na que se fará constar, necesariamente, a posibilidade de que o local cumpra os requisitos do artigo 31º deste regulamento unha vez realizadas as oportunas obras de adaptación.

Artigo 34º.-Tramitación e resolución.

1. Presentada a solicitude e logo do exame desta e da documentación con ela achegada, e as comprobacións que se consideren oportunas, a Dirección Xeral de Interior dictará resolución expedindo a autorización solicitada ou denegándoa.

Se a solicitude ou a documentación adoecesen de defectos emendables requiriráselle ó interesado co fin de que os emende no prazo de dez días.

Transcorrido o devandito prazo sen que os defectos fosen arranxados, entenderase desistido o procedemento.

2. A resolución deberá dictarse no prazo de dous meses desde a presentación da solicitude ou, se é o caso, desde que transcorrese o prazo concedido para o arranxo de defectos. Vencido o devandito prazo sen dictarse resolución expresa, deberá entenderse desestimada a solicitude.

3. En ningún caso se autorizará a instalación de salóns a menor distancia de 150 metros dos accesos normais de entrada ou saída a centros escolares de ensino xeral básico ou similar, ou cando exista outro salón, xa autorizado ou en tramitación, a distancia inferior a 300 metros. Tampouco se autorizará a instalación de salóns en edificios de mercados.

Para a medición de distancias partirase do eixe da vía pública á que dea fronte cada unha das portas de acceso ó salón, tomando tal eixe desde a perpendicular trazada desde o centro daquelas portas de acceso, seguíndose logo o vial máis curto que utilicen os peóns e que teña a consideración legal de dominio público.

4. As autorizacións de instalación refírense sempre a un local determinado, non procedendo o cambio de situación do salón amparándose en tal autorización.

Artigo 35º.-Vixencia da autorización de instalación.

As autorizacións de instalación outorgadas terán carácter indefinido, sen prexuízo da súa revogación por algunha das causas a que fai referencia o artigo 38º deste regulamento. En todo caso a súa eficacia quedará suxeita á obtención do permiso de apertura de que trata o artigo seguinte.

Artigo 36º.-Permiso de apertura e inscrición.

1. Expedida a autorización de instalación, e en prazo non superior a un ano desde a notificación da correspondente resolución, deberán executarse as obras de adaptación dos locais conforme os proxectos achegados e solicitar en igual prazo, antes de proceder á apertura do salón, o permiso de apertura e a inscrición na sección de salóns do Rexistro do Xogo de Máquinas.

2. A solicitude anterior deberá formalizarse en impreso normalizado e con ela achegarase a seguinte documentación:

a) Licencia municipal de apertura ou actividade, ou acreditación de tela solicitado.

b) Certificación de obra acabada e de que as obras e instalacións realizadas se corresponden co proxecto básico polo que se concedeu a autorización de instalación.

c) Documento acreditativo de ter formalizado a fianza a que se refire o artigo 39º deste regulamento.

3. A Dirección Xeral de Interior poderá ordenar visita de inspección ó local co fin de comproba-la súa correspondencia coa documentación achegada.

4. Se o exame da documentación achegada e, se é o caso, o resultado da inspección fosen satisfactorios, a Dirección Xeral de Interior expedirá o correspondente permiso de apertura do salón e procederase á inscrición do salón na sección de salóns do Rexistro do Xogo de Máquinas.

5. En todo caso o permiso de apertura expedirase sen prexuízo da correspondente concesión da licencia municipal de apertura ou actividade.

Artigo 37º.-Modificacións.

1. Requirirán autorización previa da Dirección Xeral de Interior:

a) O peche do salón por máis de trinta días consecutivos.

b) A transmisión da autorización de instalación.

c) As modificacións substanciais do salón, tales como as que supoñan un cambio da súa configuración, amplíen ou diminúan a súa superficie útil ou afecten ás súas condicións de seguridade.

2. A transmisión das autorizacións de instalación de salóns unicamente poderá efectuarse entre empresas que reúnan as condicións sinaladas no artigo 32º.2 deste regulamento.

A autorización previa para a devandita transmisión deberá solicitarse mediante modelo normalizado subscrito polos representantes legais das empresas transmitente e adquirente, achegando coa solicitude copia auténtica da escritura de constitución da sociedade adquirente e as súas modificacións inscrita no Rexistro Mercantil e a documentación acreditativa de ter constituído a sociedade adquirente a fianza sinalada no artigo 39º deste regulamento.

3. A solicitude de autorización previa para as modificacións substanciais dos salóns deberá acompañarse da documentación expresiva destas.

Artigo 38º.-Revogación das autorizacións de instalación.

Procederá a revogación das autorizacións de instalación pola Dirección Xeral de Interior, a través do correspondente expediente, cando concorra algunha das seguintes causas:

a) Solicitude expresa, manifestada por escrito, da empresa titular da autorización.

b) Modificacións a que fai referencia o artigo 37º.1 deste regulamento sen ter obtido autorización previa.

c) Incumprimento da obrigación de mante-la fianza polas contías previstas neste regulamento.

d) Inexactitude dos datos achegados na solicitude de autorización.

e) Dictarse resolución denegatoria do permiso de apertura previsto neste regulamento.

Artigo 39º.-Fianzas para explotación de salóns.

1. As empresas titulares de autorizacións de instalación de salón deberán constituír unha fianza, en ningún caso inferior ó 25% do capital social e que será adicional no caso de empresas operadoras á prevista no artigo 20º deste regulamento, por unha contía de dous millóns ou catro millóns de pesetas por cada unha das autorizacións de instalación de salón que obtivesen, segundo se trate dun salón recreativo ou dun salón de xogo, respectivamente.

A acreditación da constitución da fianza realizarase ó formula-la solicitude do permiso de apertura de salón previsto no artigo 36º deste regulamento, sen prexuízo do previsto no artigo 37º.2 deste.

2. As fianzas deberán ser mantidas pola totalidade do seu importe durante todo o tempo de vixencia da autorización de instalación. Se se producise diminución na contía da fianza, a empresa titular da autorización de instalación deberá completa-la contía esixible no prazo máximo de quince días desde que teña coñecemento diso.

3. É aplicable ás fianzas reguladas neste artigo o previsto nos apartados 2 e 4 do artigo 20º deste regulamento.

Sección cuarta

Boletín de instalación

Artigo 40º.-Definición.

A instalación nun determinado local ou establecemento habilitado para iso dunha máquina recreativa ou de azar esixe a obtención do boletín de instalación, que é o documento administrativo que permite instalar unha máquina dun determinado tipo no concreto establecemento que no propio documento se indica, vinculando a empresa operadora e o titular do establecemento.

Mentres o boletín de instalación estea vixente poderanse substituír libremente as máquinas instaladas no local ou establecemento trala presentación e dilixenciado da comunicación de instalación regulada nos artigos 46º e seguintes deste regulamento e conservando o mesmo boletín de instalación.

Os casinos e as empresas operadoras titulares de autorización de instalación de salóns ou de salas de bingo non precisan da obtención de boletín de instalación para instalar directamente naqueles casinos, salóns ou salas de bingo, máquinas provistas de autorización de explotación das que pola súa vez sexan titulares, abondando para tal efecto coa previa presentación e dilixenciado da comunicación de instalación de que tratan os artigos 46º e seguintes deste regulamento.

Artigo 41º.-Solicitude.

1. A solicitude de boletín de instalación presentarase ante a delegación provincial da Consellería

de Xustiza, Interior e Relacións Laborais correspondente ó lugar de situación do establecemento ou local no que pretenda instalarse a máquina, formalizarase en impreso normalizado e deberá subscribirse conxuntamente pola empresa operadora e polo titular do establecemento.

2. Co escrito de solicitude deberá achegarse copia da habilitación de titular de local ou, se é o caso, do permiso de apertura de salón ou sala de bingo.

Artigo 42º.-Emisión.

1. Comprobada a concorrencia daqueles requisitos, a delegación provincial ante a que se presentase a solicitude emitirá o boletín de instalación, documentándose por triplicado exemplar en modelo normalizado.

2. O primeiro exemplar, logo da toma de razón na base informática, arquivarase na delegación provincial correspondente.

O segundo entregaráselle á empresa operadora, para o seu arquivo.

O terceiro entregaráselle ó titular do establecemento para a súa posesión neste á disposición dos servicios do corpo de inspectores de xogos e apostas ou axentes da autoridade competente.

Artigo 43º.-Vixencia.

1. O boletín de instalación terá unha vixencia dun ano desde a data da súa emisión. Non obstante, chegado o remate do seu vencemento, entenderase prorrogada a vixencia do boletín de instalación por períodos dun ano, salvo que a empresa operadora ou o titular do establecemento lle comuniquen á delegación provincial emisora do boletín de instalación a súa vontade contraria á prórroga do período en curso, solicitando a baixa do boletín de instalación.

2. A anterior comunicación deberá realizarse en impreso normalizado, por duplicado exemplar, cunha antelación de sesenta días á data límite do correspondente período de vixencia. A comunicación realizada sen a devandita antelación non impedirá a prórroga da vixencia do boletín de instalación por un novo período nin poderá ser tomada en consideración como expresión de vontade contraria ás seguintes e sucesivas prórrogas.

3. Presentada a comunicación en tempo hábil, a delegación provincial procederá a remitir un dos exemplares ó domicilio social da empresa operadora ou ó establecemento ou local, segundo os casos, e a dar de baixa o boletín de instalación ó remate do período de vixencia ó que a comunicación de non prórroga se refire.

Artigo 44º.-Extinción.

O boletín de instalación extínguese:

a) Polo transcurso do período de vixencia a consecuencia da comunicación de non prórroga ou

denuncia da validez do boletín previstas nos artigos 43º e 58º, respectivamente, deste regulamento.

b) Por resolución administrativa dictada por solicitude conxunta da empresa operadora e o titular da actividade desenvolvida no establecemento.

c) Por sentencia firme que declare a extinción.

d) Por resolución do delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo do expediente, pola comprobación de inexactitudes nos datos expresados na solicitude ou nos documentos achegados con esta.

e) Por extinción da habilitación de titular de local, salvo o caso de cambio de titularidade e subrogación previsto nos artigos 58º e 59º deste regulamento, ou cancelación da inscrición da empresa operadora no Rexistro do Xogo de Máquinas.

Artigo 45º.-Emisión de novos exemplares de boletíns de instalación.

Estando vixente un boletín de instalación non poderá emitirse un novo que o substitúa sen prexuízo da emisión de novos exemplares, por modificación do boletín de instalación, nos supostos previstos no artigo 58º e seguintes deste regulamento, de cambio na titularidade do establecemento ou de transmisión da titularidade das máquinas instaladas nel.

Sección quinta

Comunicación de instalación

Artigo 46º.-Definición.

A instalación das máquinas non poderá realizarse sen que previamente a Administración dilixencie a comunicación de instalación, que é o documento mediante o cal a empresa operadora pon en coñecemento da Administración a instalación dunha máquina individualizada, provista de autorización de explotación, nun local ou establecemento designado nun boletín de instalación vixente.

Artigo 47º.-Presentación.

A comunicación de instalación presentarase ante a delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, formalizándose por triplicado exemplar en modelo normalizado que deberá ser subscrito pola empresa operadora e no que se farán constar os datos identificativos da máquina e da empresa operadora titular desta, os do establecemento no cal se pretende instalar e do seu titular, os do establecemento de procedencia, se é o caso, e os números da autorización de explotación da máquina e do boletín de instalación.

Artigo 48º.-Dilixenciado.

1. Presentada en forma a comunicación de instalación, cos datos indicados no artigo anterior, a delegación provincial dilixenciará os exemplares desta mediante o seu oportuno selo.

2. O primeiro exemplar, trala toma de razón na base de datos, arquivarase na delegación provincial.

O segundo exemplar entregaráselle á empresa operadora para a súa instalación na máquina.

O terceiro exemplar entregaráselle á empresa operadora, para o seu arquivo.

Artigo 49º.-Instalación.

A instalación da máquina debe producirse necesariamente dentro das 48 horas seguintes á entrega das comunicacións de instalación dilixenciadas.

Artigo 50º.-Substitucións e traslados de máquinas.

1. A empresa operadora que pretenda substituír unha máquina nun establecemento con boletín de instalación vixente por outra máquina provista de autorización de explotación e da que tamén é titular, deberá poñelo previamente en coñecemento da Administración mediante a presentación da comunicación de instalación, para o seu dilixenciado.

2. Os traslados de máquinas provistas de autorización de explotación entre locais con boletín de instalación vixente e os traslados de máquinas ó almacén ou fóra do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, poderán realizarse trala presentación e dilixenciado da comunicación de instalación, debendo facer constar nesta os datos sinalados no artigo 47º deste regulamento no que foran aplicables ó caso. Cando se trate de traslado fóra do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia deberán achegarse coa comunicación de instalación os exemplares da autorización de explotación da máquina e solicitarse a súa baixa.

3. No caso de máquinas precintadas non procederá a substitución nin o traslado destas en tanto non se dispoña o seu desprecinto.

Capítulo VI

Réxime de autorizacións de explotación

Sección primeira

Autorización de explotación

Artigo 51º.-Definición.

Para a explotación de máquinas recreativas e de azar deberán estas dispoñer previamente da autorización de explotación que é a autorización administrativa que, unha vez cumpridos os demais requisitos esixidos por este regulamento, habilita para a explotación no termo da Comunidade Autónoma de Galicia dunha máquina individualizada, pertencente a unha empresa operadora e provista da correspondente guía de circulación, que é o documento que, emitido polo organismo do que depende o correspondente rexistro de modelos, ampara a legalidade da máquina en canto á súa correspondencia cun modelo inscrito e á súa titularidade.

Artigo 52º.-Solicitude.

1. A solicitude de autorización de explotación presentarase ante a correspondente delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, formalizarase en impreso normalizado e

deberá ser subscrita pola empresa operadora titular da máquina.

2. Co escrito de solicitude achegarase o exemplar da guía de circulación da máquina.

Artigo 53º.-Outorgamento.

1. A autorización de explotación será outorgada, tralas comprobacións oportunas, pola delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais ante a que se presentase a solicitude, documentándose por triplicado exemplar en modelo normalizado.

2. O primeiro exemplar, logo da toma de razón na base informática, arquivarase na delegación provincial.

O segundo exemplar entregaráselle á empresa operadora titular, para o seu arquivo.

O terceiro exemplar entregaráselle á empresa operadora titular para a súa colocación na máquina.

3. A entrega dos exemplares para a máquina e para a empresa operadora, tratándose de máquinas do tipo «B» ou «C», farase logo da xustificación por aquela de ter satisfeito a taxa fiscal correspondente ó período en curso mediante a presentación da carta de pago e o distintivo.

Artigo 54º.-Vixencia.

A autorización de explotación será válida en tanto non quede extinguida por calquera das causas sinaladas no artigo seguinte.

Artigo 55º.-Extinción.

1. A autorización de explotación extinguirase:

a) Por cancelación da inscrición da empresa operadora titular da máquina na sección de empresas operadoras do Rexistro do Xogo de Máquinas ou cancelación da inscrición do modelo a que corresponde a máquina no rexistro de modelos correspondente.

b) Por resolución administrativa dictada por solicitude da empresa operadora titular da autorización.

c) Por sanción.

d) Por suspensión provisional da autorización de explotación por tempo superior a 25 meses.

e) Por traslado fóra do ámbito territorial de Galicia.

2. Extinguida a autorización de explotación deberá a empresa operadora titular da máquina retirala da súa instalación e explotación, así como solicita-la baixa definitiva desta. Tal solicitude presentarase ante a delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais que emitise a autorización de explotación e coa solicitude entregaranse os exemplares da correspondente autorización de explotación e guía de circulación da máquina.

De non cumprirse tales requisitos a delegación provincial ordenará o precinto da máquina e pro

cederá de oficio a tramita-la súa baixa, con imputación das taxas administrativas, se fose necesario, á fianza que a empresa operadora teña constituída.

Abondará coa entrega dos exemplares da autorización de explotación cando a extinción se produza pola causa prevista na letra e) do apartado anterior.

Sección segunda

Supostos específicos

Artigo 56º.-Suspensión provisional da autorización de explotación.

1. Cando por avaría ou por calquera outra causa as empresas operadoras desexen suspender temporalmente a explotación dunha máquina do tipo «B» ou «C» procederán a retirala da súa instalación e explotación e solicitarán da correspondente delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais a suspensión provisional da autorización de explotación, formalizando a solicitude mediante modelo normalizado, o cal deberá ser subscrito pola empresa operadora e con el achegaranse:

a) Exemplares para a empresa e para a máquina da guía de circulación.

b) Exemplares para a empresa e para a máquina da autorización de explotación.

c) Exemplares da comunicación de instalación de que trata o artigo 50º deste regulamento.

2. Cando a suspensión provisional da autorización de explotación fose consecuencia de sanción administrativa firme, a empresa operadora procederá a retira-la máquina da súa instalación e explotación, facéndolle presentación á Administración dos documentos referidos no apartado anterior.

3. Cando a empresa operadora desexe reinicia-la explotación dunha máquina con autorización de explotación en situación de suspensión provisional deberá formaliza-la correspondente solicitude ante a delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais que tramitou a suspensión, co obxecto de retira-los exemplares da guía de circulación e da autorización de explotación trala xustificación de satisface-la taxa fiscal correspondente ó período en curso.

4. A duración da suspensión provisional da autorización de explotación nas máquinas recreativas non poderá exceder de 25 meses desde a presentación da solicitude. Transcorrido o devandito prazo, a empresa operadora deberá solicita-la baixa definitiva.

De non facelo así, a delegación provincial que tramitou a suspensión ordenará o precinto da máquina e procederá a tramita-la devandita baixa, con imputación das taxas administrativas, se fose necesario, á fianza que a empresa operadora teña constituída.

Artigo 57º.-Cambio de máquinas.

1. As empresas que desexen cambiar máquinas do tipo «B» ou «C» en explotación por outras de nova fabricación, deberán solicitalo ante a correspondente delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais mediante modelo normalizado.

2. Coa solicitude achegaranse:

a) Guía de circulación da máquina nova nos seus catro exemplares debidamente cubertos nos apartados correspondentes á empresa. Unha vez selados, dous exemplares serán retidos para a Administración.

b) Fotocopia cotexada da carta de pago da taxa de xogo, correspondente á autorización de explotación da que se pretende o cambio.

c) Exemplar da guía de circulación para a empresa da máquina que está en explotación.

d) Exemplar da autorización de explotación correspondente á empresa da devandita máquina en explotación.

e) Nova comunicación de instalación.

3. A delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais comprobada, e conforme a devandita documentación, dilixenciará a autorización provisional prevista en modelo normalizado, a cal terá un prazo de vixencia de 30 días naturais.

A devandita autorización provisional, xunto co exemplar correspondente da guía de circulación da máquina que causa alta e a autorización de explotación da máquina que causa baixa, será a documentación que amparará a explotación da nova máquina polo prazo de 30 días autorizado.

4. Dentro do mesmo prazo anterior modificaranse os datos correspondentes á máquina na autorización, emitindo os exemplares da autorización modificada, que manterá o mesmo número que tiña a autorización da máquina que causa baixa, e dilixenciaranse os exemplares das comunicacións de instalación.

A autorización modificada e os correspondentes exemplares da comunicación de instalación poñeranse á disposición do solicitante quen, para a súa retirada, deberá facer entrega da seguinte documentación:

a) Exemplares para a máquina da autorización de explotación da máquina vella e da súa guía de circulación, excepto esta última no suposto de exportación.

b) Acreditación, se é o caso, de exportación da máquina.

Capítulo VII

Cambios de titularidade

Artigo 58º.-Norma xeral.

Os cambios de titularidade do establecemento ou da máquina nel instalada non supoñerán a extinción

do boletín de instalación vixente, quedando os novos titulares subrogados nos dereitos e obrigacións do anterior.

Non obstante, unha vez obtida a nova habilitación de titular de local ó seu nome ou a modificación dos correspondentes datos na autorización de explotación, o novo titular pode denuncia-la validez do boletín de instalación solicitando a súa baixa; neste caso quedará subrogado unicamente ata o día 31 de decembro do ano en que formulase a denuncia, se non se produce antes de tal data, por outra causa, a extinción do boletín de instalación.

Artigo 59º.-Cambio de titularidade do establecemento.

1. Se, estando vixente o boletín de instalación, se produce o cambio da titularidade do establecemento referido neste, o novo titular deberá comunicarlle o devandito cambio á correspondente delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais no prazo de 15 días contados desde o seguinte a aquel en que se formalizou, solicitando ó mesmo tempo a emisión de nova habilitación de titular de local, na forma e cos requisitos sinalados no Art. 28º deste regulamento e a modificación dos correspondentes datos no boletín de instalación.

2. O órgano administrativo ante o que se presente a solicitude, logo da comprobación do cumprimento dos requisitos esixidos e con audiencia da empresa operadora asinante da solicitude do boletín de instalación vixente,outorgará nova habilitación de titular de local e emitirá novos exemplares de boletín de instalación, que manterán o mesmo número e data de emisión que o existente, modificado nos datos correspondentes ó titular do establecemento.

3. Ó proceder á retirada dos correspondentes exemplares dos documentos emitidos deberá facerse entrega simultánea dos anteriores, e presentarse pola empresa operadora nova comunicación de instalación para o seu dilixenciado.

Artigo 60º.-Cambio de titularidade da máquina.

1. A transmisión da titularidade da máquina recreativa e de azar con autorización de explotación vixente só poderá realizarse entre empresas operadoras inscritas no correspondente rexistro, considerándose inexistentes, para os efectos administrativos previstos neste regulamento, as transmisións que non se axusten ó indicado nos seguintes apartados.

2. A transmisión da titularidade da máquina deberá comunicárselle á correspondente delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais no prazo de 15 días contados desde o seguinte a aquel en que se formalizou, solicitando ó mesmo tempo a modificación dos correspondentes datos na autorización de explotación, así como no boletín de instalación no suposto de que a máquina

estivese instalada en establecemento con boletín de instalación vixente.

Tales comunicacións e solicitudes realizaranse en modelo normalizado que deberá ser subscrito polas empresas operadoras transmitente e adquirente e deberán acompañarse dos documentos seguintes:

a) Orixinal ou copia auténtica do documento acreditativo da transmisión.

b) Exemplares da guía de circulación e autorización de explotación para a empresa operadora transmitente e para a máquina, salvo o exemplar para a máquina cando esta estivese instalada; neste caso deberá achegarse, en lugar deste último, o exemplar para a empresa operadora do boletín de instalación.

3. O órgano administrativo ante o que se presente a solicitude, logo da comprobación do cumprimento dos requisitos esixidos, emitirá os exemplares da autorización de explotación modificada e, se é o caso, do boletín de instalación, que manterá o mesmo número e data de emisión do anterior.

Ó proceder á retirada dos correspondentes exemplares dos documentos emitidos, deberá facerse entrega simultánea dos anteriores e, se a máquina estivese instalada, deberá presenta-la empresa operadora adquirente, para o seu dilixenciado, o exemplar para a máquina da guía de circulación e nova comunicación de instalación.

Capítulo VIII

Condicións de uso

Artigo 61º.-Condicións de seguridade e avarías.

1. Os titulares dos establecementos e as empresas operadoras das máquinas, están obrigados a mantelas en todo momento en perfectas condicións de seguridade e funcionamento, sendo responsables dos danos que se puideran ocasionar que non foran debidos de forma evidente a defectos de fabricación, culpa ou neglixencia do usuario.

2. Se se producise na máquina unha avaría que non puidese emendarse inmediatamente e que impide de calquera modo o seu correcto funcionamento, o encargado do local procederá á súa desconexión inmediata e á colocación dun cartel que indique esta circunstancia, non existindo a obrigación de devolve-las moedas que se puideran introducir unha vez realizadas estas operacións.

Cando a avaría se constatase por un usuario no momento de efectuar un xogo, devolveráselle a moeda ou moedas que resten por xogar.

Artigo 62º.-Prohibicións.

1. Ós titulares de empresas operadoras, ó titular do establecemento e ó persoal ó servicio de ámbolos dous quédalles prohibido utiliza-las máquinas «B» e «C» de que sexan titulares ou estean instaladas no seu establecemento.

Así mesmo, quédalles prohibido:

a) Concederlles ós usuarios créditos ou diñeiro a conta.

b) Conceder bonificacións ou partidas gratuítas ó usuario.

2. Os titulares ou responsables dos establecementos onde se atopen as máquinas impediranlles o uso destas ós menores de idade, con excepción das máquinas tipo «A». Así mesmo poderán impedírlle-lo acceso ó local ou o uso de todo tipo de máquinas ós que as maltraten ou manipulen.

Artigo 63º.-Publicidade.

Queda prohibida a publicidade do xogo desenvolvido a través de máquinas en tódolos medios de comunicación galegos, a excepción dos especializados en temas relacionados con este, así como en todo lugar exterior ás propias salas de xogo, sen que se inclúa nesta prohibición a colocación de rótulos distintivos da actividade que nelas se desenvolve.

Capítulo IX

Rexistro e documentación

Artigo 64º.-Rexistro do Xogo de Máquinas.

1. O Rexistro do Xogo de Máquinas depende da Dirección Xeral de Interior da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e nel inscribiranse, como requisito indispensable para o desenvolvemento das súas actividades de xogo na Comunidade Autónoma de Galicia, as empresas dedicadas á fabricación, importación, distribución e explotación das máquinas reguladas neste regulamento e elementos directamente relacionados con elas, así como os salóns.

2. O Rexistro do Xogo de Máquinas terá a seguinte estructura:

Sección I: de empresas fabricantes, importadoras e distribuidoras.

Sección II: de empresas operadoras.

Sección III: de salóns.

3. A inscrición no Rexistro do Xogo de Máquinas ten carácter regrado.

Artigo 65º.-Documentación da máquina.

Toda máquina apta para a súa explotación en Galicia deberá levar necesariamente incorporada a esta, ben nun lateral ou na súa parte frontal, debidamente protexida e de maneira visible desde o exterior a seguinte documentación:

1. O exemplar para a máquina da guía de circulación.

2. O exemplar para a máquina da autorización de explotación.

3. A comunicación de instalación á que se fai referencia nos artigos 46º e seguintes do presente regulamento.

4. O distintivo do pago da taxa fiscal expedido pola Consellería de Economía e Facenda para as máquinas de tipo «B» e «C».

5. A placa de identidade expedida polo fabricante e as marcas de fábrica.

Artigo 66º.-Documentación das empresas operadoras e os titulares de establecementos.

1. A empresa operadora deberá dispoñer da seguinte documentación:

a) Documento acreditativo da súa inscrición na sección de empresas operadoras do Rexistro do Xogo de Máquinas.

b) O exemplar para a empresa operadora da guía de circulación e da autorización de explotación da máquina, con excepción feita nos casos de trámite de cambio ou transmisión, nos cales se aplicará ó disposto nos artigos correspondentes.

c) Orixinal da carta de pagamento da taxa de xogo.

d) O exemplar para a empresa operadora do boletín de instalación e da comunicación de instalación.

2. Os titulares de establecementos ós que se refire o artigo 22.1º d) deberán dispoñer da habilitación de titular de establecemento, así como doutro exemplar do boletín de instalación. Ámbolos dous documentos deberán situarse en lugar visible do local, xunto á máquina ou máquinas, e accesibles para a súa comprobación polos funcionarios do corpo de Inspección de Xogos e Apostas ou axente da autoridade competente.

Capítulo X

Réxime sancionador

Artigo 67º.-Infraccións.

Constitúen infraccións administrativas en materia de actividades relacionadas coas máquinas recreativas e de azar, as accións ou omisións tipificadas nos artigos 28, 29 e 30 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.

Artigo 68º.-Infraccións moi graves.

Terán a cualificación de infraccións moi graves as tipificadas no Art. 28 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, e especialmente:

a) A organización, xestión e explotación de xogos mediante máquinas recreativas e de azar sen posuír tódalas autorizacións legal e regulamentariamente previstas.

b) Utilizar elementos do xogo ou máquinas non homologadas ou non autorizadas ou substituír fraudulentamente o material de xogo ou das máquinas de tipo «B» ou «C».

c) Fabricar, distribuír, vender, explotar ou instalar máquinas non inscritas no rexistro de modelos a que se refire este regulamento ou por persoas ou empresas non autorizadas para instalar máquinas «B» ou «C», ou en locais ou lugares non autorizados.

d) Autorizar ou permitirlles ós menores de idade a práctica de xogo en máquinas recreativas con premio ou de azar.

e) A utilización de documentos non conformes coa realidade para os permisos ou autorizacións necesarios, cando non constitúa delicto.

f) A carencia dos documentos necesarios para a explotación de máquinas.

g) A organización e a práctica de xogos mediante máquinas en recintos distintos dos autorizados.

h) O feito de supera-los límites máximos de premios permitidos por cada máquina.

i) Concederlles préstamos ós xogadores nos lugares en que se practique o xogo mediante máquinas.

j) A inexistencia das medidas de seguridade dos locais esixidas na autorización de instalación ou permiso de apertura ou o non funcionamento destas cando poida afectarlle á seguridade das persoas.

k) Calquera acción ou omisión que, significando unha alteración ou modificación substancial do disposto neste regulamento, ou o que fose de aplicación, sexa determinante de defraudación ou engano.

Artigo 69º.-Infraccións graves.

Terán a cualificación de infraccións graves as tipificadas no Art. 29 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, e especialmente:

a) A cesión, por calquera título, de autorizacións para a práctica de xogos mediante máquinas, salvo que estes cumpran os requisitos e condicións fixadas regulamentariamente.

b) Calquera acción de carácter publicitario dos xogos que infrinxa as normas regulamentarias.

c) A negativa a exhibir ós funcionarios do corpo de Inspección de Xogos e Apostas ou axentes da autoridade competente os documentos acreditativos das autorizacións administrativas correspondentes, así como non abrir ou mostrar a estes as máquinas ou elementos de xogo.

d) As actitudes de coacción ou intimidación sobre xogadores no caso de protestas ou reclamación.

e) Non facilitarlles ós órganos competentes a información necesaria para o adecuado control das actividades de xogos de máquinas, conforme as disposicións da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

f) A admisión de máis xogadores do que permita a capacidade do local.

g) Non ter no local ou na máquina toda a documentación esixida.

Artigo 70º.-Infraccións leves.

Terán a cualificación de infraccións leves as tipificadas no Art. 30 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, e especialmente:

a) Levar inexactamente de maneira habitual do ficheiro de visitantes.

b) E, en xeral, tódalas previstas na citada lei e disposicións regulamentarias que, non estando comprendidas nos artigos 28 e 29 desta, non produzan prexuízos a terceros nin beneficios ó infractor.

Artigo 71º.-Responsabilidade.

Son responsables das infraccións antes sinaladas as persoas físicas e xurídicas que as cometan.

Sen prexuízo diso, das infraccións cometidas por empresas serán responsables solidarios os xerentes e apoderados destas.

Artigo 72º.-Sancións.

1. As infraccións cualificadas como moi graves serán sancionadas con multa de 1.000.001 a 2.000.000 de pesetas, que se poderá elevar ata 10.000.000 de pesetas no caso de reincidencia ou segundo as contías xogadas, beneficios obtidos ou incidencia social.

Como sanción accesoria poderase, ademais, retirar temporal ou definitivamente a autorización concedida e proceder á clausura do local de xogo. No suposto de revogación da autorización ou clausura definitiva como local de xogo non se poderán conceder, ata transcorridos cinco anos, novas autorizacións para calquera das actividades previstas neste regulamento ás mesmas empresas. Así mesmo, poderase, se é o caso, decreta-la destrucción da máquina ou elementos de xogo.

2. As infraccións cualificadas como graves serán castigadas con multas desde 100.001 a 1.000.000 de pesetas.

3. As infraccións leves serán sancionadas a primeira vez con apercibimento. Se a falta implica unha deficiencia técnica, requirirase ó infractor para que proceda ó seu arranxo inmediato. Se o requirimento non fose atendido ou se reiterase a infracción, impoñeráselle unha multa de ata 100.000 pesetas.

4. A sanción levará implícita a devolución dos beneficios ilicitamente obtidos, segundo os casos, á Administración ou ós directamente prexudicados.

5. Un mesmo feito non pode ser considerado como constitutivo de infraccións administrativas diferentes, salvo que nel exista infracción administrativa tributaria.

Artigo 73º.-Prescrición.

1. As infraccións prescribirán, conforme o disposto no artigo 6 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite e azar, nos seguintes prazos:

a) Leves, ós dous meses.

b) Graves, ó ano.

c) Moi graves, ós dous anos.

O remate da prescrición empezará a contar desde o día en que se cometese a infracción e interromperase desde que o procedemento se dirixa contra o infractor, volvendo a correr de novo o tempo da prescrición desde que aquel termine sen sanción ou se paralice o procedemento durante máis de tres meses, se non é por causa imputable ó interesado.

2. As sancións prescribirán, segundo o disposto no Art. 132.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos seguintes prazos:

a) As sancións impostas por faltas leves prescribirán ó ano.

b) As impostas por faltas graves, ós dous anos.

c) As impostas por faltas moi graves, ós tres anos.

Artigo 74º.-Órgano sancionador.

Corresponderalle a imposición de sancións por infraccións leves ó director xeral de Interior, por infraccións graves ó conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e por infraccións moi graves ó Consello da Xunta por proposta do devandito conselleiro.

Artigo 75º.-Procedemento sancionador.

1. A instrucción dos expedientes sancionadores por incumprimento do disposto neste regulamento verificarase de acordo co procedemento sinalado na Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar.

2. Iniciado o expediente sancionador por falta grave ou moi grave, a autoridade competente para resolvelo poderá decretar, como medida provisional, o comiso de efectos, máquinas ou instrumentos de xogo relacionados coa infracción.

Cando o persoal inspector proceda a redactar acta por infraccións que poidan ter este carácter de grave ou moi grave e se estime conveniente para efectos probatorios, o devandito persoal inspector realizará o precinto inmediato de tales máquinas, efectos ou instrumentos, reflectindo tal circunstancia na devandita acta, así como as razóns que a motivaron.

A Administración dispón dun prazo de trinta días naturais para confirmar ou modificar tal medida provisional. Transcorrido o prazo sen terlle efectuado a oportuna notificación á empresa operadora ou ó titular do local, indistintamente, quedará enervada a devandita medida provisional, sen prexuízo de que poida adoptarse posteriormente.

2705