Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.445

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 79/1998, do 12 de febreiro, polo que se regula a estructura, organización e funcionamento das confrarías de pescadores de Galicia.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia, número 49, do xoves, 12 de marzo de 1998, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 2.472, no derradeiro parágrafo do preámbulo, onde di: «con dictame do», debe dicir: «de acordo co dictame do».

-Na páxina 2.474, no artigo 11, apartado 1, letra e), onde di: «24», debe dicir: «25».

-Na páxina 2.474, no artigo 11, apartado 1, letra g), onde di: «Aproba-lo orzamento anual, illado ou acumulativamente, e as súas modificacións, cando estas excedan do 10% do total del», debe dicir: «Aproba-lo orzamento anual e as súas modificacións cando estas, illada ou acumulativamente, excedan do 10% do total del».

-Na páxina 2.475, no artigo 13, apartado 2, onde di: «secretario», debe dicir: «secretario da confraría».

-Na páxina 2.476, no artigo 22, letra d), onde di: «estado da Administración», debe dicir: «estado da administración».

-Na páxina 2.480, no artigo 47, no seu título, onde di: «De funcionamento», debe dicir: «Do funcionamento».

2749