Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESURES

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 23 de febreiro de 1998, a proposta de novo escudo municipal elaborada pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado o expediente na secretaría do concello e formulárense as alegacións que se consideren pertinentes.

Pontecesures, 5 de marzo de 1998.

Victoriano Trenco Romay

Alcalde

2788