Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1998 pola que se convoca concurso con procedemento aberto e tramitación urxente. (Expediente 1680/98 da Sección de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: realización da asistencia á deputación para a organización e coordinación do VIII programa Noite de Cine.

Lugar de execución: deputación provincial.

Orzamento: 26.875.000 ptas.

Prazo de execución: oito meses contados a partir da data da formalización do contrato.

Forma de adxudicación: concurso.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 1.075.000 ptas.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 13 días naturais desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 26 de marzo de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ó~÷þ