Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (154/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 12 de marzo de 1998, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1.- Aprobar inicialmente, por instancia de Clarito Cid Guede o proxecto de urbanización parcial das rúas Álvaro Cunqueiro e Portalón do Casar de Ourense, logo de constitución de garantía polo importe de once millóns cento vintecinco mil seiscentas cincuenta e nove pesetas (11.125.659 ptas.) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir

do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 20 de marzo de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

2284