Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (196/1997).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 26 de febreiro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno, por dezanove votos a favor e sete en contra, acordou:

1. Resolución de alegacións:

1) Estimar en parte, e concretamente os razoamentos xurídicos da alegación primeira do escrito de alegacións tipo A, por axustarse a dereito; rexeitándose, por razóns evidentes, a consideración de que no presente caso a actuación da Administración poida ser arbitraria.

Así mesmo, rexeita-lo parágrafo primeiro da alegación segunda, por non axustarse a dereito, e acepta-lo resto da devandita alegación segunda por estar fundada en dereito. E rexeita-las alegacións terceira, cuarta e quintas por non axustárense a dereito.

2) Estimar en parte, e concretamente, a referencia que á Finca Méndez se fai na alegación sexta do escrito de alegacións tipo B, por estar fundada en dereito; e desestima-las restantes alegacións por non axustárense a dereito.

3) Desestimar na súa totalidade as alegacións contidas no escrito tipo C por non seren axustadas a dereito.

4) Estima-la alegación presentada por Jorge Víctor Gil Carnicer no que se refire á Finca Méndez, por fundarse en dereito. E rexeita-lo resto por non axustárense a dereito.

5) Desestima-las alegacións presentadas por José Vazquez Prieto, Aurora Gutiérrez Fernández e Mª Araújo Conde, por non axustárense a dereito.

6) Estima-la alegación presentada por Belén Vázquez Gómez, Pedro González Irago, Bautista Rodríguez Díaz e José Antonio Castro Sousa, por estar fundada en dereito.

7) Desestima-la alegación presentada por Belén Vázquez Gómez e Pedro González Irago por non axustarse a dereito.

2. Aprobar definitivamente a modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana de Ourense para a implantación dun equipamento comercial, xa que por parte da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda foi emitido o informe preceptivo e vinculante, logo da aprobación definitiva, no procedemento de modificación do plan xeral de ordenación urbana de Ourense, para a implantación dun equipamento comercial na zona 4, do S.U. 21 e zona 8, do S.U. 27. Neste informe, que se emite en sentido favorabale, impóñense un conxunto de prescricións que, polo seu carácter vinculante, han de ser incorporadas ó contido do documento.

Como consecuencia, acórdase aprobar definitivamente a modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana de Ourense para a implantación dun equipamento comercial, integrando no documento as seguintes determinacións:

Primeira.-Nas ordenanzas:

1. O equipamento comercial disporá dunha dotación mínima de seiscentas prazas de aparcamento dentro do edificio.

2. A praza que se crea na cuberta do edificio, na configuración que resulte do proxecto de construcción correspondente, será de titularidade e uso

público, sen prexuízo de recoñecemento expreso da titularidade privada do conxunto do edificio e das instalacións existentes nel. A superficie da praza será obxecto de cesión gratuíta ó concello, e o seu mantemento e conservación será por conta de Ucosa.

3. Como consecuencia da condición de praza pública, neste espacio unicamente se poderán desenvolver actividades compatibles co uso público dela e coa observancia do réxime xurídico propio do dominio público.

4. O edificio que se constrúa deberá de cumpri-las condicións establecidas pola Lei 8/1997, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda.-No tocante á obtención da superficie de zona verde de nova creación.

O concello garante a dispoñibilidade da superficie de zona verde de nova creación, que radica na zona 13 de S.U. 32, mediante a aplicación do sistema de expropiación, comprometéndose Ucosa a sufraga-los custos que da dita expropiación poidan derivarse, segundo consta en comparecencia do 20 de febreiro de 1998.

Terceira.-Adecuación da edificación prevista ó contorno.

O concello coidará especialmente a adecuación do novo edificio ó contorno, tanto desde o punto de vista arquitectónico, coma paisaxístico, coa finalidade de garanti-la súa integración.

Cuarta.-Darase cumprimento ás observacións indicadas nos informes emitidos en materia de estradas e augas, polos órganos competentes.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/19987, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 11 de marzo de 1998

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

2748