Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación de servicios de consultoría e asistencia, polo trámite de urxencia e como expediente anticipado de gasto, para a organización e montaxe de stands institucionais.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios de consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: organización e montaxe dos stands institucionais da Consellería de Pesca, Maris

queo e Acuicultura en diversos certames feirais da C.A. de Galicia (Expomar, Burela; Salimat, Silleda; Expobarbanza, Ribeira, Fexdega, Vilagarcía de Arousa; Feiramar, O Grove e Sapromar, Vigo).

División por lotes e número: non existen lotes.

Lugar de execución: diversos recintos feirais.

Prazo de execución: desde o día seguinte ó da sinatura do contrato ata as corenta e oito (48) horas seguintes á finalización do derradeiro certame.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: oito millóns de pesetas (8.000.000 de ptas.).

5. Garantías.

Provisional: 160.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (Rúa de Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela); Telef. (981) 54 63 04, fax (981) 54 62 90; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: ás catorce horas (14) do día no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si.

8. Apertura das ofertas.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 10.30 horas do día no que se cumpran cinco (5) días hábiles contados desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas; de coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil inmediatamente seguinte.

9. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1998.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras Pesqueiras

e Mercados

2764