1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.
2. Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: subministración.
Descrición do obxecto: adquisición dunha máquina de lavado de caixas de manipulación de peixe con destino ó porto pesqueiro de Porto do Son (CO).
División por lotes e número: non existen lotes.
Lugar de entrega: porto pesqueiro de Porto do Son (CO).
Prazo de entrega: un (1) mes desde o día seguinte ó da sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: tres millóns duascentas cincuenta mil pesetas (3.250.000 ptas.).
5. Garantías.
Provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (Rúa de Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela); Telef. (981) 54 63 04, fax (981) 54 62 90; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
7. Presentación das ofertas.
Data límite de presentación: ás catorce horas (14) do día no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.
Admisión de variantes: si.
8. Apertura das ofertas.
Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 9.30 horas do día no que se cumpran cinco (5) días hábiles contados desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas; de coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil inmediatamente seguinte.
9. Gastos do anuncio.
Serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1998.
Andrés Hermida Trastoy
Director xeral de Estructuras Pesqueiras
e Mercados
2763