Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 3 de marzo de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Gómez V.

Visto o expediente incoado por María Daporta Calo, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada Gómez V, outorgado pola orde ministerial do 11-3-1960, situada na cuadrícula nº 30, do polígono A de Cambados, rematando a concesión o 22-3-2005, e do que era titular Juan Daporta Oubiña.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos a sentencia do Xulgado de Primeira Instancia número un

de Vilagarcía de Arousa do 14-12-1995, o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Derradeiras Vontades, o testamento, a relación de bens así como as escrituras de renuncia e a documentación acreditativa da presentación ó pagamento do imposto de sucesións, esta consellería accedeu ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de María Daporta Calo (35.333.144).

A nova titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas do anterior, e queda obrigada a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 3 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

2762