Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 23 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Industria, polo que se convoca concurso de rexistros mineiros na provincia de Lugo.

Publicada no DOG nº 33, do 19 de febreiro de 1998 a resolución da Delegación Provincial de Lugo do 18 de decembro de 1997 pola que se fai público o concurso de rexistros mineiros que quedaron francos dentro desa provincia, comunícaselles ós interesados no citado concurso que o anuncio non se publicará no BOE e que o prazo para presenta-las solicitudes de participación nel será de dous meses contados a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

2405