Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación da subministración, polo trámite de urxencia e como expediente anticipado de gasto, dunha carreta elevadora.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: subministración.

Descrición do obxecto: adquisición dunha carreta elevadora con destino ó porto pesqueiro de Ribadeo (LU).

División por lotes e número: non existen lotes.

Lugar de entrega: porto pesqueiro de Ribadeo (LU).

Prazo de entrega: quince (15) días contados desde o día seguinte ó do asinamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: tres millóns setecentas cincuenta mil pesetas (3.750.000 ptas.).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (Rúa de Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela); Telef. (981) 54 63 04, fax (981) 54 62 90; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: ás catorce horas (14) do día no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si.

8. Apertura das ofertas.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 10 horas do día no que se cumpran cinco (5) días hábiles contados desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas; de coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil inmediatamente seguinte.

9. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1998.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras Pesqueiras

e Mercados

2786