Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.324

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de marzo de 1998 pola que se corrixe a do 29 de decembro de 1997 pola que se acorda facer pública a convocatoria de axudas económicas para a realización de accións descentralizadas do programa Sócrates: Comenius 1 Asociacións entre Centros Escolares para a Elaboración de Proxectos Educativos Europeos, Comenius 3.2 Axudas para a Formación do Profesorado e Persoal Educativo, Lingua C Axudas para Futuros Profesores de Idiomas e Arión Visitas de Estudio para Responsables en Materia Educativa.

Advertido erro na dita orde, publicada no DOG número 8, do mércores 14 de xaneiro de 1998, é necesario efectua-la seguinte rectificación:

Na páxina 291 da acción Arión. Visitas de estudio para responsables en materia educativa, onde di: «O prazo para recepción de solicitudes rematará o 1 de xuño de 1998», debe dicir: «o prazo para a recepción de solicitudes rematará o día 30 de abril de 1998».

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

2645