Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.280

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de marzo de 1998 pola que se fai público o cadro de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño para o curso 1998-1999.

A base segunda da Orde do 21 de novembro de 1997 (DOG do 1 de decembro), pola que se convocaba concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas, determinaba que se convocaban as vacantes no momento da convocatoria, as que se producisen ata o 31 de decembro de 1997 e as que resulten da resolución do concurso de cada corpo polo que se concursa, así como as que se orixinasen no ámbito da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a resolución dos concursos convocados polo Ministerio de Educación e Cultura e os restantes departamentos das administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das competencias en materia educativa, sempre que se

correspondan con prazas que teñan o seu funcionamento previsto na planificación xeral educativa. Na súa virtude, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Publicar nos anexos I, II, III, IV, V, VI e VII desta orde os cadros de profesorado para o curso 1998-1999 en cada centro de bacharelato, de educación secundaria e profesional, de educación secundaria, de formación profesional, escola oficial de idiomas, conservatorios de música e escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.

Segundo.-Tódalas vacantes que figuran nos anexos poderán ser obxecto de concurso de traslados, conforme o disposto na orde de convocatoria.

Terceiro.-A publicación dos cadros de persoal e a adxudicación das vancantes no concurso de traslados non supón a futura adscrición do profesorado das especialidades propias da formación profesional específica.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Director Xeral de Persoal

2779