Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 1998 Páx. 3.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 5 de marzo de 1998, da área provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se citan (expediente C-1-IV/1975, conta 43 e catro máis).

De conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de vivendas de protección oficial, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no apartado primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que coiden convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 5 de marzo de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña.

ANEXO

Mª Rosa López Seoane e herdeiros.

Expediente: C-1-IV/75.

Conta: 43.

Polígono de Vite-Nosa Sra. Belén, rúa Arquitecto Domingo A. Andrade número 11 2º I (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 206.912 ptas.

Antonio Otero Pacheco e herdeiros.

Expediente: C-1-IV/75.

Conta: 48.

Polígono de Vite-Nosa Sra. Belén, rúa Arquitecto Domingo A. Andrade número 11 4º D (Santiago de Compostela).

Importe débeda. 299.130 ptas.

José Otero Feáns e herdeiros.

Expediente: C-1-IV/75.

Conta: 162.

Polígono de Vite-Nosa Sra. Belén, Avda. de Castelao número 30-1ºD (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 436.904 ptas.

Alfonso Garazo Pintos e herdeiros.

Expediente: C-1-IV/75.

Conta: 222.

Polígono de Vite-Nosa Sra. Belén, rúa Ulpiano Villanueva número 6-3ºD (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 271.144 ptas.

Luis Prego Carregal e herdeiros.

Expediente: C-1-IV/75.

Conta: 229.

Polígono de Vite-Nosa Sra. Belén, rúa Ulpiano Villanueva número 5-3º I (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 441.048 ptas.

2275