Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 1998 Páx. 3.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 5 de marzo de 1998, da área provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se citan (expediente C-2-IV/1975, conta 13 e catro máis).

De conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de vivendas de protección oficial, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no apartado primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por todolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que coiden convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 5 de marzo de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da área provincial do Instituto Galego da Vivenda ae Solo da Coruña.

ANEXO

Elisardo Ferreira Antelo e herdeiros.

Expediente: C-2-IV/75.

Conta: 13.

Polígono de Vite Avda. Castelao número 13-4ºA (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 1.953.878 ptas.

Mª Antonia Alvite Patiño e herdeiros.

Expediente: C-2-IV/75.

Conta: 33.

Polígono de Vite, Avda. de Castelao número 9-1ºA (Santiago de Compostela).

Importe débeda. 1.9991.032 ptas.

Ricardo Castañón Quiñoy e herdeiros.

Expediente: C-2-IV/75.

Conta: 62.

Polígono de Vite, Avda. de Castelao número 7-4ºB (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 1.929.108 ptas.

Constantino Picallos Choren e herdeiros.

Expediente: C-2-IV/75.

Conta: 105.

Polígono de Vite, Avda. Castelao número 1-3ºA (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 1.395.915 ptas.

Santiago Gil Paz e herdeiros.

Expediente: C-2-IV/75.

Conta: 140.

Polígono de Vite, Rúa Alexandre Bóveda número 17-3ºD (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 1.934.882 ptas.

2277