A Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
c) Número de expediente: 16/1998.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de 9.000 camisetas e 1.300 polos para a campaña de verán-98.
b) Prazo de execución: un mes a partir da data de adxudicación.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: catro millóns novecentas mil (4.900.000) ptas., co IVE incluído.
5. Garantías:
Provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Enderezo: San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.
d) Teléfono: (981) 54 56 37.
e) Fax: (981) 54 56 26.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se esixe.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
2º Enderezo: San Caetano, s/n.
3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.
Ou por calquera das maneiras previstas no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 58 43, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas:
a) Entidade: sala de xuntas da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Enderezo: San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: sexto día natural, contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
e) Hora: ás 11 horas.
10. Gastos de anuncios:
O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1998.
P.D. (Orde 16-12-1997)
Javier Batán Rodríguez
Secretario xeral da Consellería de Familia
e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude
2275