Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 1998 Páx. 3.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fan públicas as propostas de resolución nos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos 1228/1997 e once máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificanselle á persoa que se menciona a continuación as propostas de resolución nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación directa:

Nº expedienteData da denuncia

1228/199716-8-1997

1229/199717-8-1997

1230/199722-8-1997

1231/199723-8-1997

1232/199724-8-1997

1306/1997 8-8-1997

1307/1997 9-8-1997

1308/199710-8-1997

1309/199715-8-1997

1310/199730-8-1997

1311/199731-8-1997

1312/1997 6-9-1997

Denunciado: Santiago Prado Losada.

DNI: 36.132.180.

Establecemento: Bar Especial Banus.

Enderezo: rúa Xeneralísimo Franco, 1.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei 1/1992.

Sanción proposta: 50.000 pesetas, en cada un dos expedientes (o que se fai un total de 600.000 ptas.).

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º.d) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro (BOE nº 46, do 22 de febreiro).

Fronte a estas propostas de resolución poderá o interesado, nun prazo de 5 días contados desde o

día seguinte ó da súa publicación, alega-lo que no seu dereito conveña, de conformidade co disposto no artigo 24.3º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto), así como examina-los expedientes na Sección de Espectáculos Públicos, rúa Gagos de Mendoza, 2, de Pontevedra.

Vigo, 18 de marzo de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delgado provincial de Pontevedra

2411