Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 1998 Páx. 3.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 6 de marzo de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Ostreira número 7, a favor de Mª del Carmen e Mª del Pilar Sendón Rama.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993 de 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31-5-1993), e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Ostreira nº 7.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros A, cuadrícula 17.

Data da concesión: 26-5-1971.

Data de finalización da última prórroga: 29-6-2001.

Anteriores concesionarios: Virginia, Joaquín Manuel, Mª del Carmen, Mª del Pilar, Mónica e Juan Carlos Sendón Rama.

Novos titulares da concesión e batea: Mª del Carmen e Mª del Pilar Sendón Rama.

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así

como obrigados no cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 6 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

2648