Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 1998 Páx. 3.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/272-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T.S. Luis Calvo Sanz.

Situación: Carballo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 0,17 km con orixe en L.M.T.S. Estación de Autobuses (expediente 52822) e final no C.T.C. Luis Calvo Sanz, en conductor R.H.V.-12/20 kV 3(1x240) mm Al. C.T. non prefabricado de 630 kVA 15.000/380-220 voltios na rúa Luis Calvo Sanz. R.BT. aérea de 0,045 km con orixe no C.T.C. Luis Calvo Sanz, en conductor R.Z. R.B.T. subterránea de 0,17 km con orixe no C.T.C. Luis Calvo Sanz, en conductor R.V.-0,6/1 kV-4 (1x240) mm Al.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 5 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2424