Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 1998 Páx. 3.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/271-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. Anxo Senra, 12.

Situación: Noia.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,145 km con orixe no C.T. Tanxil e final no C.T. Anxo-Senra 12, en conductor R.H.V.-12/20 kV 3(1x240) mm Al. C.T. non prefabricado de 630 kVA 20.000/380-220 voltios na rúa Anxo Senra 12.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 5 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2417