Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Medín.
Situación: Paderne.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 0,023 km con orixe na L.M.T. Mantaras-San Mamede (expediente 50921) e final no C.T. proxectado de Vión, en conductor LA-56/54,6 mm. C.T. intemperie de 50 kVA 15.000/380-220 voltios en Vión-San Mamede. R.B.T. aérea de 0,166 km con orixe no C.T. proxectado de Vión, en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 5 de marzo de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
2416