Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 1998 Páx. 3.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/23-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., saídas Sabón-Rañal.

Situación: Arteixo (A Coruña).

Características técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 15/20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 1.425 m de lonxitude, con orixe na subestación de Sabón e final no comezo r/ Enerxía, seguida de tramo aéreo, sobre apoios de formigón e conductor LA-110 de 110 m de lonxitude, enlazando con liña existente (polígono Sabón L-2 e L-3), (expediente 29319) de 1.515 m de lonxitude, con orixe na subestación de Sabón e final en C.S. de Zara de 600 m de lonxitude, con orixe na subestación de Sabón enlazando con liña existente (polígono de Sabón L-4), (expediente 28871).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2423