Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 1998 Páx. 3.252

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (91/1998-02).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo de menor contía 91/1998, que se segue neste xulgado por instancia de Dolores Nieves Vieites, representado polo procurador Merelles Pérez, quen litiga co beneficio de xustiza gratuíta, contra Carmen Nande de la Fuente e outros, por medio da presente cédula emprázanse os posibles e ignorados herdeiros, así como cantos outros puidesen ter interese neste procedemento e no herdo de José Ramón Nande de la Fuente, para que no prazo de dez días compareza en autos en legal forma por medio de procurador e avogado, coa prevención de que, de non facelo, será declarado en rebeldía e será dada por contestada a demanda, notificándolle a dita resolución e as demais que se dicten nos estrados do xulgado.

E para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, libro e expido a presente cédula en Santiago de Compostela o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

2038