Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 1998 Páx. 3.252

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (197/1997-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 197/1997-10 por instancia de Susana Durán Souto contra José Antonio Rey Sampedro, nas actuacións do cal se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia. En nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela o 26 de febreiro de 1998.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia eInstrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido perante este xulgado coa referencia número 197/1997, no que actuaron como partes: como denunciante, Susana Durán Souto e, como denunciado, José Antonio Rey Sampedro.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Resolvo que debo condenar e condeno a José Antonio Rey Sampedro como autor dunha falta do artigo 623.4º do Código Penal á pena de 1 mes de multa con cota diaria de 200 pesetas, así como ás custas procesuais.

Deberá paga-la referida cantidade unha vez firme a presente resolución, cando sexa requirido para tal fin.

Contra esta sentencia poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación para ante a audiencia provincial no prazo de cinco días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, error na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse que se pediu a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen en momento en que xa fose imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das probas propostas que foron indebidamente denegadas, sempre

que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan aplicables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Lévese testemuño literal nos autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación a José Antonio Rey Sampedro expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o dous de marzo de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

2644