Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 1998 Páx. 3.190

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 18 de marzo de 1998 pola que se modifica a composición do Consello Regulador Provisional da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Por Orde do 7 de maio de 1997 desta consellería, regúlase a producción agrícola ecolóxica e a súa indicación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e créase o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, sendo nomeados os seus membros con carácter provisional, mediante Orde do 29 de maio de 1997.

A competencia para efectuar nomeamentos e cesamentos dos presidentes dos consellos reguladores das denominacións de orixe e específicas correspóndelle, de conformidade co artigo 89 e concordantes da Lei 25/1970, do 2 de decembro, ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, unha vez asumidas as funcións na materia, conforme a competencia recollida no artigo 30.I.3 e 4 do Estatuto de autonomía de Galicia.

Por todo iso, de conformidade co previsto, e no uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O cesamento nas súas funcións, agradecéndolles os servicios prestados, dos membros saíntes do Consello Regulador Provisional da Agricultura Ecolóxica

de Galicia, momeados pola orde desta consellería citada anteriormente.

Artigo 2º

O nomeamento e constitución dun novo consello regulador provisional, formado polos seguintes membros:

Presidente: Gabino Vázquez Fernández.

Vicepresidente: Pilar Calviño Barreiro.

Vocais:

-Polo sector productor (subsector vexetal):

Titular: Rosa María Pazos Pazos.

Suplente: Belén Varela Gestoso.

Titular: Teresa Recalde Rodríguez.

Suplente: Aurea María López Prieto.

-Polo sector productor (subsector animal):

Titular: Valentín Salvador López.

Suplente: Moisés Carballeira Gaute.

Titular: Beatriz Arias López.

Suplente: José Antonio Fernández Álvarez.

-Polo sector elaborador:

Titular: Antonio González Bernárdez.

Suplente: María del Carmen González Pardo.

Titular: Miguel Areán González.

Suplente: Antonio Fernández Mazaira.

-Polo sector comercial (incluído importadores):

Titular: Antonio Armenta Monteagudo.

Suplente: Jorge Díez Arnáiz.

-Polas asociacións de consumidores de productos ecolóxicos ou biolóxicos:

Titular: Fabián Estévez Rodríguez.

Suplente: Manuel Díaz Ares.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria

2588