Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 1998 Páx. 3.190

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 18 de marzo de 1998 pola que se modifica a composición do Consello Regulador Provisional da Denominación Específica Orujo de Galicia e nomean os seus membros.

Por Orde do 5 de maio de 1989 desta consellería, recoñécese con carácter provisional a denominación específica Orujo de Galicia para os augardentes de Galicia, e nomeouse o seu consello regulador provisional, sendo posteriormente modificado por Orde do 30 de marzo de 1992.

A competencia para efectuar nomeamentos e cesamentos dos presidentes dos consellos reguladores das denominacións de orixe e específicas correspóndelle, de conformidade co artigo 89 e concordantes da Lei 25/1970, do 2 de decembro, ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, unha vez asumidas as funcións na materia, conforme a competencia recollida no artigo 30.1.3 e 4 do Estatuto de autonomía de Galicia.

Por todo iso, de conformidade co previsto, e no uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O cesamento nas súas funcións, por petición propia, agradecéndolles os servicios prestados, dos membros saíntes do Consello Regulador Provisional da Denominación Específica Orujo de Galicia, nomeados polas ordes desta consellería citadas anteriormente.

Artigo 2º.

A remodelación, nomeamento e constitución dun novo consello regulador provisional, que, por proposta dos sectores interesados, queda formado polos seguintes membros:

Presidente: Crescencio Rodríguez Epelde.

Vocais:

-Polo sector productor de bagazo:

Adega Cooperativa Santa María dos Remedios: Severino Vázquez Domínguez.

Adegas Salnesur, S.A.: Manuel Padín Pérez.

Adegas Moure, S.A.: Evaristo Rodríguez López.

Ribeira do Támega, S.L.: Santiago Cid Harguindey.

José Carlos García Aliende.

Manuel García Gómez.

Bienvenido Ribera Soengas.

-Polo sector elaborador, envellecedor e embotellador:

Vitivinícola do Ribeiro, S.C.L.: Argimiro Levoso Touceda.

Adega Cooperativa Jesús Nazareno: Manuel Fernández Pérez.

Adegas de Vilariño-Cambados, S.A.: Ramón Barral Maquieira.

Augardentes de Galicia, S.A.: José Alvela Edreira.

Destilerías do Condado, S.L.: Manuel Novoa García.

José Manuel Rodríguez González.

Manuel Candamio García.

Vocais técnicos:

José Manuel Fernández Anguiano.

Ignacio Orriols Fernández.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria

2716