Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 1998 Páx. 3.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 1/1997, do 4 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Concello Pleno, en sesión celebrada o 9 de marzo de 1998, acordou aprobar inicialmente a modificación da delimitación do polígono urbanístico número 9 do PXOU excluíndo do seu ámbito a parte da vía de nova apertura que figura incluída nel.

Durante o prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio as persoas interesadas poderán examina-lo expediente nas oficinas municipais e presentar, se é o caso, as reclamacións que consideren oportunas. No suposto de non presentarse reclamación ou alegación ningunha o acordo entenderase elevado automaticamente a definitivo.

Ribadeo, 11 de marzo de 1998.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde

2274