Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 1998 Páx. 3.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOURO

ANUNCIO de poxa para execución da obra comprendida no P.O.S. 1998, de acordo co o proxecto denominado constucción de local en San Fiz de Quión para biblioteca pública 1ª fase.

Entidade adxudicadora: Concello de Touro.

Obxecto do contrato: construcción de local en San Fiz de Quión para biblioteca pública 1ª fase.

Prazo de execución: 6 meses.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: poxa.

Orzamento de licitación: 6.000.000 de ptas.

Gartantía provisional: 120.000 ptas.

Clasificación: non se esixe.

Prazo de presentación de proposicións: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte desde a última publicación deste anucnio no BOP ou no DOG, finalizando ás catorce horas. En caso de resultar sábado ou día festivo, quedará automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral do concello.

Apertura das proposicións: ás doce horas do segundo día hábil desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

Documentación e prego de condicións: a documentación presentarase en sobres (A e B) conforme as disposicións contidas no prego de condicións que rexe a contratación, publicado no BOP do 9 de decembro de 1996, que modifica as publicadas o 30 de maio de 1996.

Touro, 9 de marzo de 1998.

O alcalde

Rubricado

2675