Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 1998 Páx. 3.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva de estudio de detalle entre a rúa Amado Carballo e a UA número 9.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o vintenove de xaneiro de mil novecientos

noventa e oito acordou aprobar defintivamente o estudio de detalle formulado, mediante iniciativa particular por Os Regos Promociones, S.L., para definir rasantes e deseño xeral dos rueiros números 55, 56 e 57 do PXOU, vial da UA número 9, rasantes e deseño particular arredor do rueiro número 57 do Plan Xeral, redactado polo artquitecto José Manuel Pichel Pichel, visado pola delegación do COAG en Pontevedra, con data do 11-12-1996, desestimándose a alegación formulada por Luis Cons Pazos solicitando a denegación do estudio de detalle, ó fundamentarse este acordo en que o planeamento de ordenación integral non delimitou un polígono ou unidade de actuación ou de execución na área analizada polo estudio de detalle, polo que a súa materialización non se realizará a través dunha actuación sistemática, determinando a lexislación urbanística en vigor nesta Comunidade Autónoma que a execución do planeamento realizarase por polígonos completos salvo cando se trate de executar directamente os

sistemas xerais ou de realizar actuacións illadas en solo urbano, noutros, prevendo presente estudio de detalle os obxectivos anteriormente sinalados que se plasmarán a través dunha actuación asistemática e sen que polo Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística se advertiran variacións entre o estudio de detalle en tramitación e o Plan Xeral de Ordenación Urbana en vigor.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Adminsitrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comuncación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se coide procedente.

Pontevedra, 9 de febreiro de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

2443