Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 1998 Páx. 3.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 6 de marzo de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea de cultivo de mexillón denominada ADV número 1, a favor de Santiago Rubén Dieste Sánchez.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31-5-1993), e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: ADV nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal H, cuadrícula 121.

Data da concesión: 19-7-1975.

Data de finalización da última prórroga: 22-8-2005.

Anterior concesionario: Antonio Dieste Viturro e María Sánchez Maneiro.

Novo titular da concesión e batea: Santiago Rubén Dieste Sánchez.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado no cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 6 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

2373