Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 1998 Páx. 3.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 23 de marzo 1998 pola que se anuncia o concurso público para a contratación de traballos específicos e concretos non habituais para a realización de actos clínicos da campaña de saneamento gandeiro de 1998.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, resolveu convoca-la seguinte contratación polo sistema de concurso público aberto:

Obxecto: contratación de traballos específicos e concretos non habituais para a realización de actos clínicos da campaña de saneamento gandeiro de 1998, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para ela.

Orzamento de licitación: cincocentos setenta e catro millóns de pesetas (574.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: setenta mil pesetas (70.000 ptas.).

Fianza definitiva: cento corenta mil pesetas (140.000 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 13 de abril de 1998.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

2320