Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 1998 Páx. 3.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación dunha subministración sucesiva de material de tapicería e carpintería para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto. (Expediente 19/1998).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

I. Obxecto: subministración sucesiva de material de tapicería e carpintería para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

II. Orzamento estimado: 12.427.200 ptas., IVE incluído.

III. Fianzas:

Provisional: 2 % do orzamento de licitación.

Lote 1: 73.476 ptas.

Lote 2: 77.006 ptas.

Lote 3: 36.486 ptas.

Lote 4: 28.433 ptas.

Lote 5: 33.143 ptas.

b) Definitiva: 4 % do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

IV. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

V. Prazo de execución: un ano, desde o 1 de maio, ou data do asinamento do contrato se é posterior.

VI. Admisión de variantes: non se admiten.

VII. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I ó prego.

VIII. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II ó prego.

IX. Criterios de adxudicación:

Prezo: ata un máximo de 5 puntos.

Calidade: ata un máximo de 3 puntos.

Servicio: ata un máximo de 2 puntos.

X. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser

solicitada no Departamento de Contratación Administrativa, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

XI. Clasificación: non se esixe.

XII. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixéximo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

XIII. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia ás 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

XIV. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

XV. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1998.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

2384