Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 1998 Páx. 3.163

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso de méritos da praza 103/1997, do corpo de profesores titulares de escola universitaria, convocada por Resolución do 5 de novembro de 1997.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24 de marzo), que modifica o artigo 39.3º da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, sobre o procedemento para a designación dos membros que compoñen as comisións que xulgarán os concursos de méritos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, e consonte o establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño,

Este rectorado resolveu, logo do informe da Xunta de Goberno da Universidade, na súa sesión do 16 de outubro de 1997, nomea-la comisión titular e suplente que xulgará o concurso de méritos convocado mediante Resolución do 5 de novembro de 1997 (BOE do 28) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade de Vigo, no prazo de 15 días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 9 de marzo de 1998.

Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Praza nº: 103/1997.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: matemática aplicada.

Comisión titular:

Presidente: Eusebio Corbacho Rosas, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocal secretario: Ángel Faraldo Roca, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Vigo.

Vocais: J. Miguel Piñeiro Barreiro, catedrático de escola universitaria. Universidade de Vigo.

Abelardo García Rey, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Vigo.

José Luis Otero Verea, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Comisión suplente:

Presidenta: Alicia Cachafeiro López, catedrática de universidade. Universidade de Vigo.

Vocal secretario: José Mª Cordeiro Alonso, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Vigo.

Vocais: Virgilio Rodríguez de Miguel, catedrático de escola universitaria. Universidade de Vigo.

Aurelio L. Outón Soto, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Mª Adela Romero Germade, profesora titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

2385