Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 1998 Páx. 3.162

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1997 pola que se procede ó nomeamento, como persoal funcionario sanitario das clases de médicos titulares, practicantes titulares e matronas titulares, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado por Resolución do 24 de outubro de 1996.

Verificada a concorrencia de tódolos requisitos esixidos nas bases da convocatoria de tódolos aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado por Resolución do 24 de outubro de 1996 (DOG nº 219, do 8 de novembro) e que aparecen relacionados na Resolución do 26 de novembro de 1997 (DOG nº 234, do 3 de decembro) da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, procede efectua-lo seu nomeamento como funcionarios e publicalo no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Así mesmo, de conformidade co previsto na resolución de convocatoria do concurso-oposición, procédese a adxudicarlle destino definitivo ou provisional ó devandito persoal.

Por todo isto, este centro directivo, no uso das competencias que ten delegadas polo artigo 5 c) da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) e de conformidade co disposto na devandita lei e normativa que a desenvolve,

ACORDA:

Primeiro.-Nomear funcionarios dos distintos corpos, escalas, subescalas e clases de persoal funcionario sanitario os aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado por Resolución do 24 de outubro de 1996 e que se relacionan no anexo da presente resolución, indicándose o sistema de acceso e a puntuación final obtida nel.

Segundo.-De conformidade co previsto na base novena da convocatoria, adxudícanse como destinos

definitivos ós funcionarios nomeados nas clases de médicos titulares e de practicantes titulares os destinos que aparecen no dito anexo. Pola contra, e segundo a mesma base da convocatoria, os destinos que se lles adxudican ós funcionarios nomeados na clase de matronas titulares teñen o carácter de provisional.

Terceiro.-De conformidade co establecido no artigo 45.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, a toma de posesión como persoal funcionario nos distintos postos de traballo adxudicados levarase a efecto no prazo dun mes contado a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Ós funcionarios nomeados na clase de practicantes titulares os que se lles adxudique un posto de traballo integrado nunha unidade de atención primaria, seralles plenamente de aplicación o disposto na Orde do 30 de maio de 1996 (DOG nº 123, do 24 de xuño) pola que se sistematiza o réxime xurídico do persoal pertencente ás clases de médicos e practicantes titulares como consecuencia da posta en funcionamento do novo modelo de atención primaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quinto.-De conformidade co previsto no apartado 3 da base novena da convocatoria, a toma de posesión dos destinos adxudicados, ben definitivamente ou ben provisionalmente, pola presente resolución, levará aparellado, se é o caso, o cesamento do persoal interino que veña desenvolvendo temporalmente o posto de traballo.

Sexto.-Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

ANEXO

Médicos titulares. Acceso libre.

-Mª Luisa Carretero Díaz, DNI 34.254.957. Puntuación: 262,20.

Destino: Meira (Lugo).

-Miguel Fco. González-Anleo Rodríguez, DNI 11.377.605. Puntuación: 247,40.

Destino: Alfoz (Lugo).

-Mª Teresa Pena Babío, DNI 32.433.304. Puntuación: 245,80.

Destino: Bergondo 2º (A Coruña).

Médicos titulares. Promoción interna.

-Jesús R.B. Grande Estévez, DNI 34.908.604. Puntuación: 259,75.

Destino: Ortigueira 4º (A Coruña).

Practicantes titulares. Acceso libre.

-Purificación Cal Viqueira, DNI 32.787.857. Puntuación: 194,30.

Destino: Noia (A Coruña).

-Manuel Sayáns Liste, DNI 35.284.691. Puntuación: 179.

Destino: A Veiga (Ourense).

-Antonio E. López Rodríguez, DNI 32.418.031. Puntuación: 167.

Destino: Vilariño de Conso (Ourense).

-Guadalupe I. Fontao González, DNI 35.226.643. Puntuación: 166,25.

Destino: Larouco (Ourense).

Matronas titulares. Acceso libre.

-Mª Ramona Casares Souto, DNI 35.422.110. Puntuación: 202,75.

Destino: Valga - Pontecesures (Pontevedra).

-Mª Concepción García Rodríguez, DNI 34.904.714. Puntuación: 186,25.

Destino: Vilarmaior (A Coruña).

-Mª Luisa Crespo Rodríguez, DNI 32.330.274. Puntuación: 170,10.

Destino: Fene (A Coruña).

2386