Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 1998 Páx. 3.163

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1998 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de filoloxías galega e portuguesa, do departamento de Filoloxía Galega, a José Ramón Gutiérrez Izquierdo (praza 54/1996).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 23 de setembro de 1996 (BOE do 26 de outubro) para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de filoloxías galega e portuguesa, do departamento de Filoloxía Galega, a prol de José Ramón Gutiérrez Izquierdo, con documento nacional de identidade número 34.910.104,

e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Ramón Gutiérrez Izquierdo profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de filoloxías galega e portuguesa, do departamento de Filoloxía Galega.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.

Vigo, 10 de marzo de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

2643