Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

1. Obxecto: redacción dos proxectos básico e de execución, a construcción e xestión, en réxime de concesión administrativa, dun parque temático educativo na zona do parque do Paxonal de Santiago

de Compostela, incluíndo cafetería-restaurante, zona comercial vinculada tematicamente ó parque e salas de proxección, así como o axardinamento e urbanización do recinto.

2. Duración do contrato: obras: 2 anos. Concesión: 40 anos.

3. Clasificación do contratista: grupo c, subgrupo: completo, categoría f.

4. Forma de adxudicación: adxudicarase mediante concurso por procedemento aberto.

5. Data de envío ó DOCE: 20-2-1998.

6. Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións para poder tomar parte na licitación presentaranse no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela das 9 ás 14 horas, ata o día 13-4-1998.

7. Fianza provisional. 2.000.000 de pesetas.

8. Criterios de adxudicación: son os que se sinalan na cláusula 22 do prego de condicións.

9. Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar en acto público que se celebrará na Casa do Concello (secretaría) ás 12 horas do día 15-4-1998.

10. Fianza definitiva. 4% do orzamento da obra. Pola xestión do servicio: 15.000.000 de ptas.

11. Modelo de proposición: Don/Dona... con domicilio en ... rúa... nº... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..., actuando en nome propio (ou en representación de ..., DNI ou CIF nº... e domicilio en ... nº... teléfono...) toma parte no concurso con procedemento aberto... e cos efectos que fai constar:

1) Que de conformidade co artigo 6 ofrece o canon de... ptas.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3) Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En... o... de... de 1998.

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación das obras de... presentada por...

En... o... de... de 199.

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

12. Prego e documentación: poderá ser consultada no seguinte enderezo: Concello de Santiago de Compostela. Sección Servicios-Contratación. Praza do Obradoiro s/n. Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono (981) 54 23 24.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1998.

O alcalde

Rubricado

2167