Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle para fixación de aliñacións e rasantes da vía de servicio transversal á Avda. Alcalde Antela. Lavadores (expediente 4248/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 27 de xaneiro de 1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a fixación de aliñeacións e rasantes da vía de servicio transversal á Avenida Alcalde Antela, na parroquia de lavadores, presentado por Peregrina Costas Silva, redactado polo arquitecto Martínez Díaz e visada polo COAG datas 26 de novembro de 1996 e 20 de marzo de 1997, conforme a documentación que consta no expediente e nos mesmos termos da súa aprobación inicial.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 19 de febreiro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde, presidente da Xerecia Municipal de Urbanismo

2134