A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada con data do 26 de febreiro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Aprobar definitivamente por petición de José Pérez Díaz e outros o proyecto de construcción parcial de semivía da r/ Castro Caldelas logo da constitución de garantía polo importe de 1.234.000 ptas., un millón duascentas trinta e catro mil pesetas.
Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.
Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros que así crese conveniente.
Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 4 de marzo de 1998.
Manuel Jaime Cabezas Enríquez
Alcalde-presidente
2133