Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Cadalidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación da canteira Lucía.

O artigo 2, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de infor

mación pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, resolvo:

1. Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación da canteira Lucía, situada no concello da Fonsagrada, provincia de Lugo.

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

* Concello da Fonsagrada.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

4. Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

2602