Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica para o estudio e valoración da aplicación e desenvolvemento da Lei de caza de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: asistencia técnica para o estudio e valoración da aplicación e desenvolvemento da Lei de caza de Galicia.

2.2. Prazo de execución: un ano.

3. Orzamento base licitación.

Importe total: 4.500.000 ptas., IVE incluído.

4. Fianza provisional.

2% do orzamento da contrata, (90.000 ptas.).

5. Fianza definitiva.

4% do orzamento da contrata, (180.000 ptas.).

6. Clasificación.

Non é necesaria.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación:

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: r/ Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

7.2. Información:

a) Teléfono: (981) 54 17 49.

b) Domicilio: rúa Basquiños nº 2.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que cómpre presentar: a sinalada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Admón. Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural que non coincida sábado ou festivo, a partir do seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1998.

P.O. (D. 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

2600