Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se determina a documentación que hai que presentar para obte-la certificación de validación do investimento destinado á protección do medio ambiente para efectos de poder aplica-la deducción por investimentos regulada polo R.D. 1594/1997, do 17 de outubro.

O artigo 3.1º do R.d. 1594/1997, do 17 de outubro, que regula a deducción por investimentos destinados á protección do medio ambiente, dispón que para poder aplica-la deducción será necesario que a Administración competente certifique en cada caso a validación do investimento destinado á protección do medio ambiente e establece o contido da dita certificación na que debe consta-la idoneidade dos investimentos en relación coa función protectora do medio ambiente, polo que é preciso determina-la documentación que debe presentarse para obte-la dita certificación. Por todo isto, en virtude do preceptuado no artigo 4 do Decreto 482/1997, do 26 de decembro,

RESOLVO:

A documentación que se debe presentar para obte-la certificación de validación do investimento destinado á protección do medio ambiente para efectos de poder aplica-la deducción por investimentos reguladas polo R.D. 1594/1997, do 17 de outubro, será a seguinte:

Primeiro.-Indicación do plan, programa, convenio ou acordo aprobado ou celebrado por esta Administración na que se pretenda fundamenta-la deducción.

Segundo.-Para efectos de determina-la idoneidade dos investimentos realizados coa función protectora do medio ambiente e que estas permiten alcanza-los números de protección previstos no plan, programa, convenio ou acordo establecido, memoria na que se recollan os seguintes extremos:

2.1. Relación das instalacións que teñan por obxecto algunha das seguintes finalidades previstas nos parágrafos a), b) ou c) do artigo 1 do R.D. 1594/1997, do 17 de outubro.

2.2. Outros elementos patrimoniais do inmobilizado material destinados á protección do medio ambiente.

2.3. Plan xeral de actuación con programa temporal que recolla:

2.3.1. Fase enxeñería.

2.3.2. Construcción con detalle.

2.3.3. Fase de explotación.

2.4. Estudio económico e financeiro do investimento co seu desenvolvemento temporal separando o investimento propio e a subvención ó investimento.

2.5. No caso de actividade en funcionamento, a preceptiva licencia de actividade, permiso de vertido, se é o caso, e o dictame de avaliación ambiental que fose necesario.

Tercero.-Plan de explotación das instalacións cos tratamentos.

Cuarto.-Plan de control de ensaios por laboratorio homologado propio e independente.

Quinto.-Proxecto técnico incluíndo o proxecto constructivo.

Sexto.-Se se trata de investimentos realizados antes da posta en funcionamento das instalacións, deberase realizar unha auditoría ambiental externa na que se recollan os valores dos parámetros ambientais que serven para caracteriza-lo grao previo de contaminación que hai que eliminar.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

2598