De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da organización sindical Acción Popular Galega (APG), que abarcan os seguintes ámbitos:
Territorial: provincial.
Profesional: traballadores galegos da provincia de Pontevedra.
Asinan a acta de constitución: Óscar Parada Díaz e oito persoas máis.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 5 de marzo de 1998.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
2491