Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Directores de Seguridad de Galicia (Adisega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Directores de Seguridad de Galicia (Adisega) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas físicas, nacionais ou estranxeiras, que cumpran os requisitos e acreditación de titulación académica, diplomatura, de experiencia profesional ou de aportación práctica a estas tecnoloxías, sempre que acrediten esta experiencia na forma prevista nos estatutos.

Asinan a acta de constitución: Carlos Mejuto Pulleiro e dúas persoas máis.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

2368