Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos do Sindicato Interino do Ensino Galego (SIEG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Sindicato Interino do Ensino Galego (SIEG) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer ó devandito sindicato tódolos traballadores profesionais do ensino público que presten os seus servicios na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Susana Lema Negreira e dúas persoas máis.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

2447